Luis Acuña Nóvoa, nado en Ourense cara a 1907, foi un canteiro e sindicalista galego.

Traxectoria Canteiro de Ourense. Presidente da Casa do Pobo de Ourense. Interveu no mitin do Primeiro de Maio de 1936 en Ourense con Severino Nóvoa Gutiérrez e Adriano Romero Cachinero.El Pueblo Gallego, 3-5-1936, p. 13.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na reunión para organizar a resistencia con Benigno Álvarez e Leandro Carro. Fuxiu e permaneceu agochado. Foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión en consello de guerra na causa 391/37 xunto con Patricio Arce Susilla, José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, Severino Nóvoa Gutiérrez, José Pérez Gómez, Ramiro Pérez Serrano, Antonio Raimúndez Somoza e Luis Vidal. Condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Detido o 10 de setembro de 1940.El Correo Gallego, 12-9-1940, p. 2. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Ourense, da que saíu en liberdade condicional o 28 de marzo de 1942.Libro rexistro de liberados condicionais da Prisión de Ourense, p. 104.BOE, 17-4-1942, p. 2696-2698.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido