miniatura|dereita|250px|Bandeira da UNESCO

A Rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (redPEA) (ASPnet en inglés), comunmente coñecida como Escolas Asociadas da UNESCO, está formada por un conxunto de centros educativos repartidos por todo o mundo. Consta de máis de 8000 centros educativos, entre os cales atopamos escolas parvularias, primarias e secundarias e institutos de formación superior. O principal obxectivo desta organización é o de seguir os principios que marca a UNESCO relacionados entre outros temas coa cultura, a paz, os dereitos humanos, a igualdade entre as persoas e o medio ambiente. A rede PEA que naceu a partir do ano 1953 ten entre os seus fins o achegamento entre alumnos e alumnas procedentes de realidades culturais diversas e axudalos a atopar solucións fronte ás problemáticas do presente século. Para lograr isto, un dos eixos que vertebran este proxecto é a comunicación de experiencias entre o alumnado dos diversos países e a elaboración de proxectos comúns que axuden a mellorar o noso planeta.

Principais temas tratados pola rede PEA

Os principais temas tratados son:

A problemática do noso planeta e as súas posibles solucións, entre as que destaca o rol da ONU para a solución de ditos conflitos. Os Dereitos humanos no mundo O coñecemento da existencia doutras culturas e outros modos de vida. A protección fronte á deterioración do medio ambiente e o consumo de recursos.

Obxectivos da rede PEA

Educar para a paz, para a cooperación e a comprensión internacional, fomentar o coñecemento mutuo. Fomentar o entendemento entre as comunidades escolares de diferentes sistemas políticos e culturais. Analizar os problemas locais e rexionais dende unha perspectiva internacional de forma que todo o mundo poida achegar posibles solucións.

Características da rede

Fomentar dende a participación a non-violencia, a paz e a democracia empregando como principal ferramenta a educación. A propia UNESCO porporciona información sobre os proxectos aos que cada escola está subscrita. Editase un boletin da UNESCO, que é unha revista na que se intercambia información sobre os distintos proxectos que constrúen as escolas. A interrelación entre centros de diversas localides e países, onde se fomenta a comunicación e a irmandade entre eles.

Escolas galegas da rede de Escolas UNESCO Parvularios EEI Os Campos (Pontevedra) EEI do CEIP Illa Verde (Lugo) Escolas primarias CEIP Marcos da Portela (Pontevedra) CEIP Campolongo (Pontevedra)CEIP Campolongo CEIP Praia Xardín (Boiro) CEIP Conmeniño (O Grove) CEIP Froebel (Pontevedra)CEIP Froebel CEIP Manuel Vidal Portela (Pontevedra) CEIP Pontesampaio (Pontevedra) CEIP Profesor Manuel Luis Acuña (Ourense) Educación Secundaria IES Illa de Ons (Bueu)IES Illa de Ons IES Luis Seoane (Pontevedra) IES Pazo da Mercé (As Neves)IES Pazo da Mercé IES Pedra da Auga (Ponteareas)IES Pedra da Auga

Proxectos UNESCO nos que participan escolas galegas

As escolas galegas partipan en varios proxectos xunto con outras de distintos países, entre eles podemos destacar os seguintes: Rompendo o silencio: este proxecto céntrase na traxedia que supuso para o noso mundo a "trata de escravos" e dalgún xeito está a continuar na actualidade coas máis recentes formas de escravitude. Os centros subscritos a este proxecto son o IES Luis Seoane-Pontevedra e o IES Pedra da Auga-Ponteareas e nel participan escolas da Rede PEA de África, América, o Caribe e Europa. O proxecto Atlántico: é un "proxecto Faro" da UNESCO no que participan escolas de varias partes do mundo como galegas, portuguesas, caboverdianas, andaluzas e brasileiras. O obxectivo deste proxecto é facer un estudo das características naturais e ambientais da área atlántica, e adquirir o compromiso na defensa do seu patrimonio natural, detectando os problemas e propoñendo posibles solucións fronte a problemáticas como a medioambiental. A maioría dos centros da rede galega están subscritos a este proxecto. O Patrimonio nas mans das e dos mozos": E outro proxecto internacional que ten como obxectivo a promoción e preservación do patrimonio mundial natural e cultural. Tamén participan bastantes escolas da rede galega. Comunicación Internacional con Acenos Universais:Comunicación entre mozos e mozas de tódolos países do mundo. Cada un deles fala na súa propia lingua, acompañada de acenos universais (GESTUNO). Así poden entenderse persoas de calquera país.

Notas

Véxase tamén Outros artigos UNESCO ONU

Ligazóns externas Portal das Escolas UNESCO

Categoría:UNESCO