Mónica Inés Varela Gestoso, nada en Vilanova de Arousa o 30 de novembro de 1968, é unha docente e escritora de literatura infantil galega.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela exercendo como profesora de Lingua castelá e literatura no IES García Barros da Estrada e desde 2019 no IES Antón Fraguas de Santiago. Reside en Teo.

Con Soños de nenos levou o Premio Arume. Son máis dunha trintena de poemas, de soños, nos que o propio título convida á lectura. O xurado destacou do libro: “todo un mundo de elementos tenros e marabillosos, tecidos por unha persoa que denota un perfecto coñecemento da alma infantil. A súa lectura pode facilitar un primeiro contacto coa lírica e ofrecer ós mestres un valioso recurso educativo”.

Obras Poemarios infantís.

Soños de nenos (2017). Ferrol: Ed. Embora. 44 páxs. ISBN 978-84-16456-47-5. Ilustracións de María Brenn. Versos e bolboretas (2017). Silleda: Ed. Fervenza. 62 páxs. ISBN 978-84-17094-09-6. Un mundo quentiño (2019). Silleda: Ed. Fervenza. 48 páxs. IIlustracións de Amalia López Brea "Luchi". ISBN 978-84-17094-52-2. Arredor do sol (2025). Silleda: Ed. Fervenza. páxs. Ilustracións de Gabriel Iglesias Sanmartín.

Premios

2016: Premio Arume de Poesía para nenos da Fundación Xosé Neira Vilas por Soños de nenos.

Notas

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilanova de Arousa Categoría:Literatura infantil Categoría:Profesores de educación secundaria