Rafael González-Adrio Martínez, nado en Pontevedra o 6 de novembro de 1934 e finado en Barcelona o 21 de xullo de 2015, foi un xogador de baloncesto e médico traumatólogo galego.

Traxectoria De neno instalouse en Barcelona coa súa familia. Comezou a xogar no Laietà da man do seu tío Ángel, e en 1952 pasou ao primeiro equipo. Despois dun ano no Español fichou polo FC Barcelona, e tras tres tempadas fichou polo Real Madrid. Co equipo branco xogou as dúas primeiras edicións da liga española, nas tempadas 1957 e 1958. Xogou a súa última tempada como profesional na tempada 1958-59 co Picadero JC.

Foi internacional coa selección de baloncesto de España en catorce ocasións, e participou nos Xogos Mediterráneos de 1955.

Tras retirarse exerceu como traumatólogo, e foi xefe dos servizos médicos do Fútbol Club Barcelona durante 18 anos.

Vida persoal Faleceu por mor dun cancro de pulmón que se lle diagnosticara dous anos antes. Casou con Ursula Wagner, e tiveron catro fillos e once netos.

Notas

Categoría:Nados en Pontevedra

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Xogadores de baloncesto de Galicia Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Bàsquet Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Picadero JC Categoría:Médicos de Galicia

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados por cancro de pulmón