Alan Masslich Herbert, nado en Chicago (Illinois) o 13 de xuño de 1926 e finado en Sturgis (Dacota do Sur) o 19 de xaneiro de 2013, foi un militar, comunicador e numismático estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Alan Herbert naceu en Chicago o 13 de xuño de 1926 e a súa familia mudouse a Franconia, Nova Hampshire,Smith, P. (2025). cando el tiña seis anos, logo do segundo matrimonio da súa nai, Martha, con Willis Erwin Herbert, que se converteu no seu padrasto e de quen tomou o apelido."Alan Herbert 1926-2013". En Rapid City Journal. 22 de xaneiro de 2013.

Carreira profesional Finalizada a súa educación secundaria en 1944, ingresou no exército estadounidense en setembro dese mesmo ano, e participou en combate na segunda guerra mundial en territorio europeo."Writer Alan Herbert, 86, dies". En Coin World. 2 de febreiro de 2013. Alí colaborou tamén coas emisoras de American Forces Network en Frankfurt e en Bremen, en 1946.Smith, P. (2025). En 1948 regresou desde Alemaña aos Estados Unidos, onde dirixiu a emisora ​​de radio do hospital Fort Bragg, en Carolina do Norte durante uns meses.

Logo da contenda mundial alistouse na Reserva e foi mobilizado para a guerra de Corea, na que interveu integrado na Infantaría dos EEUU durante once meses, entre 1950 e 1951. Entre outras condecoracións recibiu un Corazón Púrpura e unha Estrela de Bronce. Ademais do combate, Herbert retransmitiu por radio para a emisora ABC varios sucesos desta guerra.

Nos Estados Unidos mantívose durante 27 anos vinculado á radio e á televisión, en Dacota do Sur, en Vermont, en Nova Hampshire e en Carolina do Norte.

Interese pola numismática Paralelamente ao seu labor profesional, Herbert comezou a coleccionar moedas en 1964, e especializouse na colección e no estudo dos erros numismáticos e variantes de cuño na moeda estadounidense. Xa en 1967 iniciou as súas colaboracións en diversas publicacións periódicas, como o boletín da Organización de Coleccionistas de Erros Numismáticos, á que pertenceu, ou Numismatic News, coa que mantivo a colaboración durante moitos anos,Harper, D. (2013). e que o nomeou Embaixador Numismático en 2004. Outras das revistas coas que colaborou máis intensamente ao longo da súa traxectoria foron World Coin News, Coins, Bank Note Reporter, Coins Magazine e Coin Prices.

En 1971 ingresou na American Numismatic Association (ANA), unha entidade na que exerceu como xuíz de exposicións desde 1979, como membro vitalicio desde 1993, e de cuxa xunta de goberno formou parte desde 1999. A ANA honrouno con dous dos seus premios máis significativos.

Outra das asociacións das que formou parte foi o Numismatic Literary Guild, que lle concedeu o prestixioso premio Clemy en 1997.

Herbert retornou a Alemaña, onde residira durante a guerra, e alí pasou varios anos, primeiro exercendo como escritor e fotógrafo independente e máis tarde, na década de 1960, como xerente da oficina europea de Krause Publications, unha editora á que estivo moi vinculado durante décadas pola súa colaboración en varios dos seus catálogos e das súas revistas. En 1987 retornou aos Estados Unidos e traballou durante sete anos na sede principal desa compañía en Iola, Wisconsin, algúns deles como editor da revista Coins, ata a súa xubilación en 1994.

Vida persoal Alan Herber foi mestre masón na loxa Cedar 124 en Belle Fourche, e da loxa Moose. Tamén pertenceu á Lexión Americana e foi un membro activo do Centro de Vida Cristiá.

Herbert casou o 8 de outubro de 1948 con Liselotte Schellenberger con quen tivo un fillo que morreu sendo aínda un bebé.Smith, P. (2025). Liselotte faleceu en 1992, e dous anos máis tarde Herbert casou en segundas nupcias con Josephine Noyce, finada en 2001.

Alan Herbert faleceu o 19 de xaneiro de 2013 no Hospital de Veteranos de Fort Meade en Sturgis, Dacota do Sur, aos 86 anos,"Alan Herbert | 1926 - 2013 | Obituary". Klinefuneralchapel.com e foi soterrado no cemiterio Pine Slope, en Belle Fourche, nese mesmo estado.

Recoñecementos

1994: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA)."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Asociation (Money.org). 1997: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild."The Clemy Award Winners ". Numismatic Literary Guild (Nlgonline.org).

2001: Premio Glenn Smedley Memorial (ANA). 2013: Ingreso no Salón da Fama da ANA."Numismatic Hall of Fame". American Numismatic Association (Money.org).

Publicacións Esta é unha escolma dalgúns dos traballos monográficos publicados por Alan Herbert ao longo da súa traxectoria:

(1972). The Official Price Guide to Mint Errors. [7ª ed. House of Collectibles, 2007. ISBN 978-0375722158] (2005). Coin Collecting 101 What You Need to Know. Krause Publications. ISBN 978-0896891821

(1982). The Official Investor's Guide to Buying and Selling Silver Dollars. House of Collectibles. ISBN 978-0876373019

(1995). Coin Clinic: 1001 Frequently Asked Questions. Krause Publications. ISBN 978-0873413800 (2010). Warman's U.S. Coin Collecting. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-1368-7 (2011). Coin Clinic 2: 1.001 More Frequently Asked Questions. Krause Publications. ISBN 0-87349-875-5

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Harper, D. (2013). "Alan Herbert will be missed". En Numismatic News. 23 de xaneiro. Smith, P. (2025). "Herbert, Alan". En American Numismatic Biographies. Páxina 206.

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes