A provincia de Sevilla é unha das oito provincias de Andalucía. Limita coas provincias de Málaga, de Cádiz, de Huelva, de Córdoba, e con Estremadura. A súa capital é a cidade homónima de Sevilla.
Ten unha poboación de 1.811.177 habitantes (2005), repartidos en 105 concellos. Ocupa unha área de 14.001 km².
Xeografía física
Situada na depresión Bética, que ten como eixo o río Guadalquivir, o cal atravesa o territorio de Norte a Suroeste, formando, xa preto da súa desembocadura, unha ampla chaira, flanqueada por socalcos. O Norte da provincia está delimitado por unha serie de serras pertencentes a Serra Morena. Ademais do Guadalquivir, algúns dos seus afluentes máis importantes son o Genil, o Guadaira e o Viar.
O clima é mediterráneo con influencia oceánica, con temperaturas cálidas, de invernos moi suaves e veráns moi calorosos, no que as temperaturas máximas superan a miúdo os 40 °C.
Comarcas
El Aljarafe, La Campiña, Estepa, La Marisma, Sierra Norte, Sierra Sur, La Vega.
Demografía
Véxase tamén Andalucía
Sevilla