dereita|miniatura|250px|Cuauhtémoc Blanco. Cuauhtémoc é un nome propio masculino de orixe náhuatl que quere dicir "a aguia que descende" (de cuāuhtli, aguia + temoc, forma progresiva de temōhuiā, baixar, descender), como no momento en que unha aguia desprega as súas ás e descende para atacar á súa presa. A súa forma reverencial é Cuauhtemoctzin. Asemade, a palabra Cuauhtli é tamén usada como nome persoal masculino; e a súa forma reverencial é Cuauhtzin.Montemayor, Carlos; et. al.; Diccionario del Náhuatl en el español de México; Secretaría de Educación do Distrito Federal / Universidade Nacional Autónoma de México; México: 2008. ISBN 978-970-32-4793-6.

Por outra banda, Cuauhtli é o décimo quinto dos 20 signos dos días do Tonalpohualli, calendario ritual azteca conformado por 20 trecenas (260 días). A palabra cuauhtli forma parte dos nomes cuāuhpilli (guerreiro aguia da armada azteca), Cuautepec e Cuautinchán, entre outros.

Personaxes de sona Cuauhtémoc, derradeiro tlatoani azteca. Cuauhtémoc Cárdenas, político mexicano. Cuauhtémoc Blanco, futbolista mexicano. Cuauhtémoc Medina González, mexicano, curador en xefe do Museo Universitario de Arte Contemporánea (MUAC). Carlos Cuauhtémoc Sánchez, escritor mexicano.

Notas

Categoría:Nomes masculinos náhuatls