Aitor Uzkudun Arruti, nado en Donostia o 13 de decembro de 2000, é un futbolista vasco que xoga como dianteiro no Andorra, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras da Real Sociedad e o Eibar, e rematada a súa etapa como xuvenil pasou ao Eibar Urko, segundo filial do Eibar.

Dous anos despois subiu ao CD Vitoria, principal filial do Eibar, e tras conseguir o ascenso á Segunda Federación, fichou polo Calahorra.

O 5 de xuño de 2024 pasou ao Arenas de Getxo, tamén de Segunda Federación. Marcou nove goles durante a campaña, sendo unha peza clave no ascenso do club á Primeira Federación.

En xullo de 2025 fichou xunto ao seu compañeiro Alejandro Ibarrondo polo Andorra, da Segunda División.

Notas

Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Calahorra Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores do FC Andorra