Francisco Rodríguez Congil,Nalgunhas fontes o seu segundo apelido aparece transcrito como Cougil nado en Barbadás o 20 de abril de 1913, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Foi nomeado mestre interino de Canaval (Sober) en xaneiro de 1936.La Voz de la Verdad, 7-1-1936, p. 6. Militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 12 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense. Encartado na causa 33/37, foi xulgado en consello de guerra en Ourense o 29 de xullo de 1937 xunto con Benigno Álvarez López, Odilo Balado Iglesias, Celso Carballo Rodríguez, Leovigildo Carril Freire, Luis Cristelo Nóvoa, Camilo Cruz Masid, Teófilo Fernández Canal, Juan Fernández Canal, Odilo Fernández Freire, Antonio Fernández Soto, Eladio Ferro Rodríguez, Pío Forneiro Martínez, Modesto Gallego González, Antonio Gallego Rodicio, Castor Iglesias Gil, Benjamín Outomuro Calviño, Eduardo Piñeiro Canal e o seu irmán Anselmo Rodríguez Congil, e condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena na prisión de Ourense. Padecía tuberculose pulmonar e foi trasladado ao Hospital-Asilo Penitenciario de Segovia en agosto de 1938. Pasou despois pola Prisión Central de Bilbao, a prisión flotante do buque Upo Mendi fronte a illa de San Simón, a prisión de El Puerto de Santa María e dende outubro de 1939 na de Celanova. Conmutada a condena a seis anos, saíu en liberdade condicional da prisión de Celanova en maio de 1941.La Región, 10-5-1941, p. 2.BOE, 6-6-1941, p. 4079-4080. Empezou a traballar como contable nas oficinas do Destacamento Penal das minas de Casaio en outubro de 1942. En marzo de 1943 instalouse en Ourense.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Francisco Rodríguez Congil

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos do PCE

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Barbadás Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en ano descoñecido