Juan Monje Cebrián, nado en Torrecaballeros (Segovia) o 24 de novembro de 1891 e finado en Ourense o 29 de agosto de 1949, foi un mestre español.
Traxectoria Aprobou as oposicións en 1914. Foi mestre en Fuentepelayo e Cuéllar. Pertenceu a Asociación de Traballadores da Ensinanza da UGT. A súa muller Lucía Lucha foi nomeada inspectora de Primeiro Ensino de Ourense o 1 de xaneiro de 1935. En 1936 era director da Escola graduada de Cuéllar. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Ourense e foi detido e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 17 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 896 Cesado como mestre, co proceeso de depuración foi separado definitivamente do servizo e baixa na escala o 30 de marzo de 1939. Condenado en consello de guerra en Segovia. Cumpriu condena no Hospital-Asilo Penitenciario de Segovia, de onde saíu en liberdade condicional con desterro en abril de 1941.BOE, 29-7-1941, p. 5690-5691. O 21 de outubro de 1943 levantáronlle a pena de desterro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 30-3-1951, p. 707. Foi director da Escola Graduada de Ourense e impartiu clases na Academia Xesta. Finou en Ourense o 29 de agosto de 1949.Necrolóxica en La Región, 27-8-1950, p. 3.
Vida persoal
Casou o 29 de outubro de 1921 coa tamén mestra Lucía Lucha García de la Llave e foi pai de María del Pilar Monje Lucha, que finou o 29 de agosto de 1949.La Región, 25-3-1954, p. 2. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Juan Monje Cebrián en Docentes muy significados en la innovación pedagógica segoviana. Lucía Lucha García de la Llave en Historia das nosas mulleres ourensás. Ficha en Las Misiones Pedagógicas
Categoría:Profesores de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Segovia Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1949