Stara Zagora (en , ) é unha cidade búlgara, capital do concello e provincia do mesmo nome. Tiña unha poboación estimada, a mediados do 2022, de 136.144 habitantes.

É a sexta cidade máis poboada do país balcánico.

Xeografía e clima Atópase na rexión histórica de Tracia, a 90 km ao nordeste da cidade de Plovdiv, e a 231 km ao leste da capital do país, Sofía.

A cidade está situada a 196 metros sobre o nivel do mar. O clima é continental temperado con influencias do mar Mediterráneo.

Historia esquerda|miniatura|360x360px|Auditorio no Antigo Forum. Stara Zagora é unha das cidades máis antigas de Bulgaria e do sueste de Europa.

A cidade foi fundada polos tracios no século IV a. C. co nome de Beroe. Máis tarde, durante a época do Imperio Romano, no século II, a cidade recibiu o nome de Augusta Traiana, na honra do emperador Traxano. Durante o Imperio Bizantino, a cidade chamábase Vereya. Máis tarde, no século VIII, a cidade recibiu o nome de Irinópolis, na honra da emperatriz bizantina Irina. Máis tarde, a cidade foi conquistada polos búlgaros e, a partir do século XIII, chamábase Boruy. En 1364 a cidade caeu en mans dos turcos, que a denominaron Eski Zagra. Durante a década de 1850, a cidade chamábase Zheleznik (a tradución búlgara de Beroe). En 1871, a cidade pasou a chamarse definitivamente Stara Zagora.

O 31 de xullo de 1877, foi arrasada polo exército otomán durante a Guerra Ruso-Turca, queimada en gran parte e a súa poboación masacrada. Dos seus antigos templos, só a mesquita sobreviviu ao ataque, mentres que todas as igrexas cristiás foron destruídas. Dous anos despois, tras a liberación de Bulgaria, comezou a súa reconstrución, dándolle o seu aspecto actual.

Economía Stara Zagora é un destacado centro administrativo e industrial. Nesta zona prodúcense trigo, cervexa, viño, téxtiles, coiro, fertilizantes, fariña de trigo e esencia de rosas.

Demografía

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades de Bulgaria