Diego Bernal López, nado en Santiago de Compostela o 11 de decembro de 1940 e finado na mesma cidade o 6 de agosto de 2001, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Licenciouse en Xornalismo na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid e cursou o Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte da redacción da revista Quintana e fundou Escritos. Colaborou en Céltiga e en Caderno de Estudos Galaico-Portugueses do Porto. Foi correspondente de Ágora de Estudios Sociais da Universidade de Madrid, participou na emisión de Rúa Galicia, en Radio Galicia da Cadea SER. Entre 1962 e 1966 dirixiu o programa “La actualidad en la Antena” e foi correspondente de El Ideal Gallego e Diario de Pontevedra. En El Correo Gallego tivo a sección “La Cultura es noticia”. Na Axencia EFE chegou a delegado xeral en Asturias e Galicia e foi enviado especial en varios paíse. Foi delegado de Faro de Vigo en Santiago e colaborou no programa “24 horas” de TVE. Tamén colaborou na RTVG e outros medios de comunicación. En La Voz de Galicia, retrataba a cidade de Santiago na sección «Agua de Platerías».

Foi secretario da Asociación da Prensa de Santiago, cofundador e vicepresidente do Instituto Galego de Estudos de Comunicación (IECO) e secretario xeral da Asociación de Periodistas de Galicia. A APG, tras o seu pasamento deulle ao seu premio anual de xornalismo a Diego Bernal.

Obras Historias de Compostela (1993). Consorcio de Santiago. ISBN 84-8064-030-8.

Siete puertas a Compostela. Un paseo por el comercio tradicional de Santiago (1993). Sacha. ISBN 978-8488628008. Compostela sentimental (del referéndum de Franco al retorno de Castelao) (1995). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-753-5. Quiroga Palacios (1996). Xunta de Galicia. ISBN 978-84-453-1589-7. Soutomaior (1999). Vigo: Ir Indo. ISBN 9788476802854.

Premios

1969: Primeiro premio xornalístico de Aspas de Galicia. 1984: Mención de honra da Academia Asturiana das Lletres. 1997: Premio Galicia de Comunicación. 1998: Primeiro premio da XIX edición do Premio Nacional de Periodismo Julio Camba.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alvarellos Casas, Henrique (2002). De oficio periodista: Homenaje a Diego Bernal. Vigo: Ir Indo. ISBN 9788476803875.

Categoría:Nados en 1940 Categoría:Finados en 2001 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela