Antonio García Matos, coñecido como Toninho, nado en Santiago de Compostela o 18 de outubro de 1967, é un activista galego do independentismo vinculado polos medios e por fontes xudiciais á chamada organización Resistência Galega ou REGA, un grupo independentista galego que foi declarado organización terrorista no Estado español.

Traxectoria Segundo os testemuños recollidos en A História absolverá-vos, militou no Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) dende a súa apertura. Non militou por idade en Loita Armada Revolucionaria (LAR). Estudou Filoloxía Galega, escribía poesía e estivo vencellado ao mundo cultural e artístico, chegando a traballar na dobraxe, onde o seu primeiro papel foi na Mula Francis, e posteriormente puxo voz a Rosmón en Os Pitufos.

Toninho e a súa parella, Asunción Losada Camba, viviron en clandestinidade tras ser sinalados como supostos membros da REGA. Ambos estiveran fuxidos dende o ano 2006. Foron detidos en Vigo en xuño de 2019 no marco da chamada Operación Lusista, xunto con outros supostos colaboradores.

En xaneiro de 2022, Losada Camba e García Matos alcanzaron un acordo coa Fiscalía na Audiencia Nacional, recoñecendo os cargos que se lles imputaban. Ambos aceptaron 28 anos e 3 meses de prisión cada un, por delitos que incluían pertenza a organización terrorista, fabricación de explosivos, falsidade documental e tenza ilícita de armas. Porén, os críticos sinalan que isto non necesariamente confirma a existencia real dunha organización terrorista: algúns argumentan que o proceso xudicial puido basearse en sospeitas, accións illadas ou probas indirectas, sen demostrar un funcionamento estruturado da suposta REGA.

Contexto histórico e relevancia As acusacións e a estrutura da organización permanecen rodeadas de controversia e falta de evidencias públicas claras, alimentando a tese de que boa parte da narrativa sobre a REGA podería ser máis simbólica ou propagandística que fáctica. O caso de Toninho García Matos serviu tamén para examinar o papel do Estado e dos medios na construción de certas figuras e organizacións como perigosas, independentemente da súa existencia real. Algúns investigadores, xornalistas e activistas apuntan a que a REGA podería ser, en gran parte, un construto policial ou dos medios, baseado en poucas accións illadas ou mesmo en denuncias non verificadas. O debate sobre se realmente había unha cúpula organizada coa capacidade de planificar e executar actos violentos segue aberto. Ademais, a Unión Federal de la Guardia Civil asegurou que “Resistencia Galega, como tal, non existe”, que “non é un entramado orgánico que actúe de forma coordinada”, e que “non hai coordinación entre os distintos grupos nin ningún dispositivo conxunto articulado”. O debate sobre se realmente había unha cúpula organizada coa capacidade de planificar e executar actos violentos segue aberto. Diversos colectivos e voces do independentismo galego consideran que Antonio García Matos e Asunción Losada Camba son os últimos presos políticos da Galiza, ao entender que a súa condena responde máis a unha persecución ideolóxica que á demostración dunha actividade terrorista real e organizada. Desde esta perspectiva, a súa situación inscríbese nun contexto máis amplo de criminalización do independentismo galego.

Sobre ambos realizouse o documental A História absolverá-vos, unha peza audiovisual que cuestiona a versión oficial dos feitos, analiza as contradicións do caso xudicial e defende a súa inocencia, poñendo o foco no papel do Estado, da Audiencia Nacional e dos medios de comunicación na construción do relato arredor da suposta REGA.

Solidariedade En relación coa solidariedade cos presos independentistas galegos Antonio García Matos e Assum Losada, diversas iniciativas sociais e culturais manifestaron apoio público. Entre elas destacou o labor de Ceivar, colectivo de apoio ás persoas presas e represaliadas do movemento independentista galego que desenvolve campañas de acompañamento, asesoramento xurídico, denuncia pública da dispersión e actividades de solidariedade. Así mesmo, distintos artistas e figuras do ámbito cultural galego, como Mini e Mero, Leonardo Fernández Campos, Roberto Sobrado, Tecor Societario, Loita Amada e Bruno Vellas manifestaron a súa solidariedade; este último promoveu nos meses de xaneiro e febreiro de 2026 unha campaña de recollida de cartas dirixidas aos presos e forma parte da conta de divulgación e humor independentista @revoltairmandina, na que se realizaron distintos vídeos e publicacións sobre a súa situación baixo o marco da campaña A nosa solidariedade é infinda, difundindo o lema “Que ser galegos non sexa un delito”. Ademais, antigos presos tamén fixeron pública a súa defensa, entre eles Antón Arias Curto, Antón Santos e María Osorio.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Asunción Losada Camba Ceivar

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1967 Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Membros de Resistência Galega Categoría:Membros do EGPGC