Gustav Victor Joseph Nossal, nado en Bad Ischi (Austria) o 4 de xuño de 1931, é un biólogo investigador australiano de orixe austríaca. É famoso polas súas contribucións aos campos da formación de anticorpos e da tolerancia inmunolóxica.

Traxectoria

Vida e educación A familia de Nossal procedía de Viena, Austria. Naceu catro semanas prematuramente en Bad Ischl mentres a súa nai estaba alí de vacacións. A súa familia deixou a cidade de Viena e marchou a Australia en 1939 despois da anexión de Austria pola Alemaña nazi. Como os avós do seu pai eran xudeus, el tamén era considerado de sangue xudeu e estaba en perigo de ser enviado a un campo de concentración. Nunha entrevista con Adam Spencer, Nossal sinalou que o seu pai non era xudeu practicante senón de etnia xudea, xa que a el bautizárono como católico romano de neno. Nossal salientou que o seu pai "por tanto, pensaba que estaría en parte protexido de problemas do tipo do Holocausto. Por suposto, non lera adecuadamente Mein Kampf. Estaba todo escrito alí: se os teus catro avós eran xudeus, entón ti eras xudeu." Gustav foi bautizado e seguiu sendo un católico romano practicane.

Nossal mostrou interese na medicina e quería ser de maior doutor xa desde que tiña sete anos. Cando empezou a asistir á escola en Australia, Nossal non falaba inglés, pero graduouse no St Aloysius' College en 1947 como dux do colexio. En 1948, entrou na Escola Médica de Sidney, graduándose coas honras de primeira clase da Universidade de Sidney. Aos 26 anos de idade, deixou o seu traballo en Sidney e trasladouse a Melbourne para traballar con Macfarlane Burnet na ciencia médica no Instituto de Investigación Médica Walter e Eliza Hall e obtivo o seu doutoramento (phD) na Universidade de Melbourne en 1960.

Carreira profesional Despois da xubilación de Macfarlane Burnet en 1965, Nossal, que tiña 35 anos, pasou a ser o director do Instituto de Investigación Médica Walter e Eliza Hall, un posto que mantivo ata 1996. En paralelo, foi profesor de Bioloxía Médica na Universidade de Melbourne. As investigacións de Nossal foron fundamentais en inmunoloxía, no campo da "formación de anticorpos e tolerancia inmunolóxica". Escribiu cinco libros e 530 artigos científicos neste campo e outros relacionados.

Nossal foi presidente (1970-1973) do corpo mundial de inmunólogos de 30.000 membros que forman a Unión Internacional de Sociedades Inmunolóxicas; presidente da Academia Australiana das Ciencias (1994-1998); membro do Consello de Ciencia, Enxeñaría e Innovación do Primeiro Ministro (PMSEIC) (de 1989 a 1998); e director da Fundación da Promoción da Saúde de Victoria (1987-1996). Foi director do comité supervisor do Programa de Vacinas e Produtos Biolóxicos da Organización Mundial da Saúde (1993-2002) e director do Consello Asesor Estratéxico do Programa de Vacinas para Nenos da Fundación Bill & Melinda Gates (1998-2003). Foi subdirector do Consello da Reconciliación Aborixe desde 1998 a 2000. Foi director do Comité Asesor da Fundación Global, O propósito da fundación era "fomentar o desenvolvemento nacional sostible de Australia nun contexto global." Sir Gustav é membro do Concello de Padróns da Fundación da Epilepsia de Victoria e da xunta asesora do Health Impact Fund.

Crenzas relixiosas Foi un practicante católico toda a súa vida. Para el a relixión e as humanidades completan os campos da experiencia humana aos que a ciencia non pode chegar. Describindo a súa visión da relixión dixo:

Vida persoal Nossal casou con Lyn Beatrix Dunnicliff, á cal coñeceu cando ambos eran estudantes de medicina na Universidade de Sidney, coa que tivo catro fillos.

Premios e recoñecementos 1964 - Medalla da Excelencia na Investigación Científica da Real Sociedade de Victoria 1967 – Membro da Academia Austaliana de Ciencias (FAA) 1969 – Premio Fi Beta Kappa en Ciencias 1969 – Membro honorario do SSIr 1970 – Premio Emil von Behring 1970 – Comandante da Orde do Imperio Británico (CBE) pola súa contribución á investigación médica 1977 – Nomeado Cabaleiro polo seu importante traballo en inmunoloxía 1979 – Medalla e Conferencia Macfarlane Burnet da Academia Austaliana das Ciencias 1980 – Membro estranxeiro da Academia Nacional das Ciencias India 1981 – Membro da Academia de Ciencias Tecnolóxicas e Enxeñaría (FTSE) 1982 – Premiado coa Medalla ANZAAS 1982 – Membro da Real Sociedade (FRS) 1982 – Premio ao Mérito Rostrum, pola súa excelencia na arte de falar en público sobre un considerable período e a súa demostación dunha contribución efectiva á sociedade coa palabra faladaRostrum Victoria, Venres 12 de novembro de 1982. 1983 – Membro Honorario da Real Sociedade de Edimburgo (HonFRSE) 1989 – Camarada da Orde de Australia (AC) polo seu servizo en medicina á ciencia e á comunidade 1990 – Premio Mundial de Ciencias Albert Einstein 1994 – Medalla James Cook 1996 – Medalla de Ouro Koch, outorgada por grandes avances en ciencias biomédicas especialmente no campo da microbioloxía e inmunoloxía. 1996 – Membro da Real Sociedade de Victoria (FRSV) 1997 – Figura na lista dos 100 australianos identificados como Tesouros Vivos de Australia 2000 – Australiano do Ano 2001 – Medalla do Centenario polo seu servizo distinguido no estudo da formación de anticorpos e a tolerancia inmunolóxica 2002 – Apareceu nun selo de correos australiano 2006 – Membro de honra da Sociedade da Chave de Ouro da Universidade Monash 2007 – O Instituto Nossal para a Saúde Global da Universidade de Melbourne foi nomeado en honra de Nossal 2009 – Leva tamén o seu nome a Escola Superior Nossal, localizada no campus Berwick da Universidade Monash, agora chamado campus Berwick da Universidade da Federación 2010 – Medalla Monash inaugural como australiano destacado pola súa contribución á comunidade 2012 – Premio aos Logros dunha Vida da Facultade de Medicina, Enfermaría e Ciencias da Saúde da Universidade Monash Membro estranxeiro da Academia Coreana de Ciencias e Tecnoloxía

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Curta biografía Gustav Nossal – Virology Down Under Entrevista de 1987 e entrevista de 1998 no sitio web da Academia Australiana das Ciencias. A Alianza Global para as Vacinas e a Inmunización, un cambio milenario Liz Cincotta. "Passage to Australia". The Age, 19 de xuño de 2008. Vídeo of Gustav Nossal lecture on The 50-Year Revolution in Global Public Health, Sydney University, xullo de 2008

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Biólogos de Australia Categoría:Inmunólogos de Australia Categoría:Nados en Austria