"Hollow" é unha canción da banda de rock estadounidense Alice in Chains e o primeiro sinxelo do seu quinto álbum de estudio, The Devil Put Dinosaurs Here, publicado o 28 de maio de 2013. A banda estreou a canción en YouTube cun vídeo coa letra feito por fans o 18 de decembro de 2012. O vídeo coa letra contén imaxes estáticas enviadas polos fans a través de Instagram. A canción estivo dispoñible para descarga dixital o 8 de xaneiro de 2013. "Hollow" alcanzou o número un na lista Mainstream Rock Tracks de Billboard (a súa cuarta canción en conseguilo) e permaneceu na lista durante 20 semanas. Está tocada nun compás de 6/4 durante as estrofas e nun compás estándar de 4/4 durante os retrousos.
Notas
Categoría:Cancións de Alice in Chains Categoría:Sinxelos de 2013