Miñarzo é un lugar da parroquia de Lira, no concello de Carnota. Segundo o IGE en 2011 tiña 350 habitantes (171 mulleres e 179 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.
Patrimonio A capela da Virxe dos Remedios é un pequeno templo relixioso. Como lámpada úsase o temón do Ariete, un barco naufragado a mediados do século XX, suspendido do teito.
No lugar tamén hai un cruceiro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Lira
Parroquias de Carnota
Categoría:Lugares de Carnota