VesselSat foi unha serie de satélites deseñados para proporcionar servizo de identificación de buques mediante o sistema AIS (Automatic Identification System).
Características Lanzáronse dous Vesselsat, cancelándose un terceiro. Vesselsat 1 lanzouse o 12 de outubro de 2011 a bordo dun foguete PSLV-CA, mentres que Vesselsat 2 engalou o 9 de xaneiro de 2012 nun CZ-4B. Os sensores usados nos Vesselsat foron probados no demostrador tecnolóxico Rubin 9. Os satélites foron alquilados a Orbcomm como reemprazo dos Orbcomm FM37 a FM41. Ambos satélites funcionaron máis aló da súa esperanza de vida, con Vesselsat 1 deixando de funcionar a finais de 2015 e Vesselsat 2 en xaneiro de 2016.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos PSLV-CA CZ-4B Orbcomm
Categoría:Satélites artificiais