Teodomiro Andrés Sánchez, nado en Alfaraz de Sayago (Zamora) o 4 de setembro de 1897 e finado en Vigo o 15 de abril de 1960, foi un militar e político español.

Traxectoria Carabineiro, foi trasladado a Ourense en 1922.El Ejército Español, 20-6-1922, p. 2 Aprobou os exames para cabo de carabineiros en Ourense en 1925.La Región, 2-5-1925, p. Foi comandante do posto de carabineiros de Calvos de Randín a finais dos anos vinte,La Región, 4-6-1930, p. 3. e comandante do posto de carabineiros de Ribadavia dende 1934.La Región, 17-5-1934, p. 6.El Pueblo Gallego, 7-1-1936, p. 14. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de orde pública de Ribadavia. Permaneceu como alcalde de Ribadavia até 1938. Coa desaparición do corpo de carabineiros en 1940 integróuse na Garda Civil. En 1946 era tenente da Garda Civil destinado no posto de Cangas de Morrazo.El Pueblo Gallego, 3-4-1946, p. 4.

Vida persoal

Casou con Obdulia Díaz Pérez o 20 de febreiro de 1924, e foi pai de Francisco, Aurora, José Antonio, Carlos, Manuel e María del Pilar Andrés Díaz.El Pueblo Gallego, 19-11-1960, p. 8. Notas

Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1960