Ramón Testa Ventosela, nado en Ourense o 9 de decembro de 1903 e finado en Madrid o 23 de xuño de 1986, foi un mecánico, chofer e político galego.

Traxectoria Fillo de Germán Testa Novoa e Rosario Ventosela Cid. Mecánico e chofer de Antonio Goicoechea. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 chegou a Salamanca o 24 de agosto procedente de Portugal, onde se encontraba dende o 17 de xullo. Foi detido o 25 de agosto no Gran Hotel de Salamanca por un axente da Comisaría de Investigación e Vixilancia, por propalar noticias en contra do Movimiento e ter unha pistola no seu poder. Ingresou na Prisión Provincial de Salamanca o 1 de setembro a disposición do Xulgado Militar nº 7 de Salamanca. Foi xulgado en consello de guerra o 29 de setembro na causa 574/36; acusado de auxilio á rebelión foi condenado a 12 anos de reclusión menor. Trasladado á Prisión Central de Burgos o 16 de xaneiro de 1937, pasou despois aos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares. Revisada a súa condena o 22 de marzo de 1941, foi rebaixada a 6 anos. Saíu en liberdade condicional o 18 de maio de 1941.BOE, 10-5-1941, p. 3308. Instalouse en Madrid. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.Testa Ventosela, Ramón Finou en Madrid o 23 de xuño de 1986.ABC, 24-6-1986, p. 97.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Base de datos de víctimas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1986