Josep Vicenç Amorós i Barra (tamén coñecido como José Vicente Amorós Barra), nado en Valencia o 29 de novembro de 1887 e finado en Barcelona o 28 de xaneiro de 1970, foi un numismático e profesor universitario valenciano.

Traxectoria

Josep Vicenç Amorós i Barra naceu o 29 de novembro de 1887 en Valencia,Gracia, F. et al. (2002). 58 anys i 7 dies: correspondència de Pere Bosch Gimpera a Lluís Pericot (1919 - 1974). Universitat de Barcelona. Páxina 109. Nota 82. ISBN 84-923961-2-X fillo do compositor e pedagogo Amanci Amorós Sirvent, director do Conservatorio de Valencia."Josep Vicent Amorós i Barra". Gran Enciclopèdia Catalana. Grup Enciclopèdia, Barcelona (enciclopedia.cat).Sobrino, R. (1999). «Amorós Sirvent, Amancio». En Diccionario de la Música Española e Hispanoamericana. SGAE, Madrid. Vol. 1, Páxina 421.

Estudou Música e Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Carlos, e posteriormente cursou estudos superiores de Filosofía e Letras, sección de Historia, na Universidade de Valencia, onde se licenciou en 1908. Posteriormente acadou o doutoramento en 1910 na Universidade de Madrid, onde completou a súa formación numismática. Tamén cursou estudos para se incorporar ao corpo facultativo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos, así como ao de Historia da Arte na Escola de Artes e Oficios de Madrid.Estivill Rius, A. (2016).

En 1914 incorporouse como docente na cátedra de Arqueoloxía, Numismática e Epigrafía da Universidade de Barcelona, e en 1941 foi nomeado profesor titular da cátedra. Tamén impartiu Historia da Arte aplicada á artesanía na Escola Superior de Artesanía da Mancomunitat de Catalunya desde 1921 ata a súa xubilación en 1957, e na Escola de Traballo. Igualmente, entre 1925 e 1930, impartiu Historia da Arte no curso de Ciencias da Información na Escola da Muller. Foi membro do Consello Superior de Investigacións Científicas e do Instituto Antonio Agustín.

Amorós recibiu a encarga da Xunta Autónoma de Museos de Barcelona para organizar o Gabinete Numismático de Cataluña, e a partir de 1932 comezou a traballar na creación do Museo Numismático de Cataluña, que se considerou como un dos mellores de Europa. En 1933 foi membro da Oficina Internacional dos Museos.

Como investigador numismático, o máis salientable é o seu estudo das moedas da Empúries grega.

Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Amorós foi director do Centro de Cultura Valenciana (1917), académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1929), membro honorario da Sociedade Numismática Romanesa (1936), socio de honra da Sociedade Iberoamericana de Estduos Numismáticos (1951), socio de honra da Sociedade Real de Numismática de Bélxica (1952), conselleiro da Institución Fernando o Católico (1953) e membro da Xunta Chilena de Numismática (1953).

Publicacións Josep Vicenç Amorós publicou unha boa cantidade de artigos en diversas publicacións periódicas, como Butlletí dels Museus d’Art de Catalunya, Numisma, Archivo Español de Arqueología, Clavileño, Numario Hispánico, Rassegna Numismática e Anales de la Universidad de Barcelona. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis sobranceiros:García Alonso, F. (2025). "Bibliografía". Páxinas 668-669Beltrán, A. (1960). Páxinas 141-147.

(1933). D’una troballa de monedes emporitanes i la possible cronologia de les monedes d’Empúries. Junta de Museus, Barcelona. (1933). Les dracmes empuritanes. Junta de Museus, Barcelona. (1934). Les monedes empuritanes anteriors a les dracmes. Junta de Museus, Barcelona. (1942). Algunas cuestiones complementarias de la Numismática emporitana. Universidad de Barcelona. (1950). Bustos y monedas de Pirro. Instituto Diego Velazquez. (1957). Comentarios en torno de la Historia de la Medalla en España. Zaragoza. (1958). Medallas de los acontecimientos, instituciones y personajes españoles. Gabinete Numismático de Cataluña, Barcelona. (1943). Fonocromía. Ensayo sobre los paralelismos y correspondencia históricos entre polifonía y policromía. Universidad de Barcelona.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Beltrán, A. (1960.). "Bio-bibliografías arqueológicas: D. José Amorós Barra". En Ceasaraugusta, Publicaciones del Seminario de Arqueología y Numismatica Aragonesas. Páxinas 139-147. Estivill Rius, A. (2016). «Josep V. Amorós Barra». En Qui era qui a l'Escola de Bibliotecàries. Notícies biogràfiques del professorat (1915-1972). Universitat de Barcelona. Páxinas 83-84. ISBN 978-84-475-4015-0 García Alonso, F. (2025). "José Vicente Amorós Barra (1887-1970). El desconocido primer catedrático de Arqueología de la Universidad de Barcelona (1914-1957)". En Entre Málaga y Tiro, una travesía mediterránea. Diputación de Málaga. Páxinas 655-667.

Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Numismáticos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Historiadores de Cataluña Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes