Antonio Beltrán Martínez, nado en Sariñena o 6 de abril de 1916 e finado en Zaragoza o 29 de abril de 2006, foi un arqueólogo, historiador, numismático e etnólogo español, considerado unha autoridade na arte rupestre prehistórica.Beltrán Lloris, M. (2008).

Foi cronista oficial da cidade de Zaragoza e catedrático de Prehistoria da Universidade de Zaragoza.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Antonio Beltrán Martínez naceu o 6 de abril de 1916 en Sariñena, Huesca, fillo de María Martínez Franca e de Pío Beltrán Villagrasa, profesor de Matemáticas de ensino secundario e un eminente numismático e humanista, de quen herdou a afección polas moedas antigas, a arqueoloxía e a historia.Beltrán Lloris, A. "Antonio Beltrán Martínez". Real Academia de la Historia (RAH.es).

Cursou a súa educación primaria en Reus e o bacharelato nas Escolas Pías de Valencia, en ambos os casos onde residía polo destino profesional do seu pai. Logo comezou estudos superiores de Dereito e de Filosofía e Letras na Universidade de Valencia, que se viron interrompidos pola guerra civil, cando se alistou como voluntario no batallón 520 de Esquerda Republicana.

Durante o conflito viuse obrigado a resgardarse en Francia, logo volveu á zona republicana por Cataluña e en 1939 fuxiu novamente a Francia, onde foi recluído no campo de Saint Cyprien-sur-mer. Ao seu regreso a Valencia, as denuncias que recibiu levárono á cadea, e logo rematou os seus estudos de Dereito na Universidade de Zaragoza (1939-1940) e os de Filosofía e Letras na de Valencia (1942). Logo foi destinado a Cartaxena para completar o seu servizo militar.

Carreira profesional En Cartaxena comezou a traballar como profesor de ensino secundario. Interesouse polo estudo dos abundantes restos arqueolóxicos da zona e gozou do patrocinio e a protección do almirante e mecenas da arqueoloxía F. Bastarreche. Nesa cidade fundou o Museo Municipal e organizou congresos e cursos sobre arqueoloxía, o que lle permitiu inserirse no ambiente académico da época.

Aínda en Cartaxena, en 1945 acadou o seu doutoramento cunha tese acerca das antigüidades da cidade, e en 1949 aprobou as oposicións para a cátedra de Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática da Universidade de Zaragoza, na que tomou posesión o ano seguinte e que ocupou ata a súa xubilación en 1986."Antonio Beltrán Martínez". Universidad e Zaragoza (Unizar.es).

Nesta nova etapa Zaragozana exerceu ademais diversos cargos civís na Deputación Provincial (1955-1967) e no Concello da cidade (1961-1967). No ámbito académico, vinculouse á Institución "Fernando el Católico", foi comisario de escavacións e de patrimonio (1953-1973), e desempeñou varios postos na universidade, como os de secretario xeral (1957-1968) e decano da Facultade de Filosofía e Letras.

Os intereses de Beltrán como estudoso e investigador centráronse en aspectos comoa arte rupestre prehistórica,Clottes, j. "Le Professeur Don Antonio Beltrán et l’art préhistorique". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 35-48.Ultrilla Miranda, P. "Antonio Beltrán y el arte rupestre postpaleolítico". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 49-69. unha materia na asesorou a UNESCO e na que foi considerado como unha autoridade internacional. Como arqueólogo,Almagro Gorbea, M. "Antonio Beltrán, arqueólogo". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 71-91. dirixiu escavacións en Cabezo de Alcalá (Azaila), Caspe, Uncastillo, Botorrita e Zaragoza, entre outras, e foi organizador dos Congresos Nacionais de Arqueoloxía entre 1949 e 2002.

Asíu mesmo, Antonio Beltrán foi unha figura destacada no ámbito da numismática.Chaves Tristán, F. "La obra numismática del profesor Don Antonio Beltrán Martínez". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 93-114. Foi o promotor e director dos Congresos Nacionais de Numismática que tiveron lugar entre 1972 e 2003, e tamén o creador da revista Numisma; exerceu como asesor da Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moneda e Timbre e foi presidente da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos.

Como epigrafista,Beltrán Lloris, F. "Antonio Beltrán y la epigrafía". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 115-126. dirixiu a serie Hispania Antiqua Epigraphica, estudou diversas inscricións latinas e deu a coñecer o primeiro bronce celtibérico de Botorrita. No terreo da etnoloxía,Satué Oliván, E. "Antonio Beltrán y la Etnología". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 139-153. creou os Congresos Nacionais de Tradicións e Artes Populares, e foi o fundador do Museo Etnolóxico e de Ciencias Naturais de Aragón, en Zaragoza. Igualmente, dirixiu o Museo Provincial de Zaragoza entre 1964 e 1974. Foi tamén promotor da conservación do patrimonio arquitectónico zaragozano.Fatás Cabeza, G. "Antonio Beltrán y la cultura aragonesa". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 183-195.

O interese divulgativo de Beltrán levouno a pronunciar numerosas conferencias e a publicar moi diversas colaboracións na prensa, sinaladamente en Heraldo de Aragón, e tamén foron frecuentes as súas colaboracións en programas radiofónicos en emisoras zaragozanas, que o fixeron merecedor de varios premios, entre eles o Premio Nacional de Prensa e Radio. En 1998 foi nomeado cronista oficial de Zaragoza. miniatura|Busto de Antonio Beltrán Martínez en Cartaxena, Murcia. Beltrán Fundou a Academia Aragonesa de Gastronomía e, entre outras, foi membro da Real Academia da Historia, membro de honra da Sociedade Prehistórica de l'Ariège (1961), membro de honra das Xuventudes Musicais Españolas (1964), socio de honra do Centro de Estudos de Monegros (1998).Ortiz Palomar, E. "Crono-biografía. Arqueología de una vida". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 213-228.

Vida persoal Na súa etapa de estudante universitario coñeceu a Trinidad Lloris Miralles, con quen casou en Valencia en 1943, e con ela tivo tres fillos: Antonio, Miguel e Francisco Beltrán Lloris.

Antonio Beltrán Martínez finou en Zaragoza o 29 de abril de 2006, aos 90 anos, e foi soterrado en Bujaraloz, Zaragoza, onde tamén repousan os restos da súa dona.

Recoñecementos e honras Logo do seu pasamento, a cidade de Cartaxena instalou en 2006 na entrada do Museo Arqueolóxico da cidade un busto de Beltrán creado por Francisco Alarte.«Homenaje al profesor Antonio Beltrán». En La Verdad. 18 de outubro de 2006. Igualmente, o Concello de Zaragoza instalou en 2007 na praza San Francisco, un busto de bronce de Beltrán ollando a Universidade de Zaragoza, creado por Francisco Rallo Lahoz.«Busto de Antonio Beltrán Martínez». Ayuntamiento de Zaragoza (Zaragoza.es). Ademais, un colexio e unha praza de Zaragoza levan o seu nome."CEIP Antonio Beltrán Martínez". Cpantoniobeltran.catedu.es"Plaza Antonio Beltrán Martínez". Ayuntamiento de Zaragoza. Callejero.

Estes son algúns dos recoñecementos recibidos por Beltrán:

(1949) Premio do Concello de Cartaxena. (1956) Premio Gómez de Mieres, Alcañiz, Teruel. (1963) Encomenda con plava da Orde Civil de Afonso X O Sabio. (1965) Encomenda da Orde de Cisneros. (1966) Premio Nacional de Prensa e Radio. (1966) Fillo Predilecto de Sariñena. (1970) Premio Luzán, Zaragoza. (1971) Premio Martorell, Barcelona. (1974) Premio Ondas ao programa de radio. (1976) Fillo predilecto de Zaragoza. (1977) Medalla de Ouro de Zaragoza. (1987) Premio José María Cortes Anzar. (1991) Premio Aragón, do Goberno de Aragón. (1994) Fillo Predilecto de Cartaxena. (1994) Medalla de Ouro da Real Sociedade Económica de Amigos do País, de Cartaxena. (1995) Oficial da Orde das Artes e as Letras de Francia. (1995) Premio Peña Solera Aragonesa. (1996) Fillo Adoptivo de Alcaine, Teruel. (1997) Premio Tercerol, das confrarías de Semana Santa de Zaragoza. (1998) Medalla de Oro de Santa Isabel, da Deputación Provincial de Zaragoza. (1999) «T» de Teruel, da Deputación Provincial. (1999) Fillo Adoptivo de Valpalmas, Zaragoza. (2000) Medalla de Ouro das Cortes de Aragón. (2001) Premio da Asociación da Prensa. (2001) Medalla de Ouro da Institución "Fernando el Católico". (2001) Fillo Adoptivo de Montalbán, Teruel. (2002) Medalla de Prata do XXV Aniversario da Asociación Numismática Española. (2002) Cruz de San Xurxo, da Deputación Provincial de Teruel. (2003) Cidadán de Honra da Comarca de Los Monegros.

Publicacións

Antonio Beltrán publicou centenares de artigos e colaboracións en diversos medios, acerca dos seus temas de interese. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:Aranda Minguillón, L. "Bibliografía por materias". En Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). Páxinas 231-314.

(1949). Arqueología clásica, Pegaso. (1949). Las Monedas latinas de Cartagena. Sucesores de Nogués, Murcia. (1950). Curso de numismática: numismática antigua, clásica y de España. Universidad de Zaragoza. (1967). La cueva de Bédeilhac (con R Robert). Universidad de Zaragoza. (1973). La cueva de Niaux (con R. Gailli). Universidad de Zaragoza. ISBN 9788470783746 (1974). La cueva pintada de Gáldar (con J. M. Alzola). Universidad de Zaragoza. ISBN 9788470783791 (1976). Historia de Zaragoza. Vol. 2. Ayuntamiento de Zaragoza. ISBN 9788450013511 (1978) De arqueología aragonesa: artículos publicados en "heraldo de Aragón" (1974-1978). Heraldo de Aragón, Zaragoza. (1979). Introducción al folklore aragonés: cuentos y bailes. Guara Editorial. ISBN 9788485303199 (1983). La moneda: una introducción a la numismática. FONUMIS. ISBN 9788485329182 (1983). Aragoneses ilustres (con G. Beltrán e G. Fatás). Caja de Ahorros de la Inmaculada. ISBN 978-8472318397 (1986). La moneda romana: el imperio. FONUMIS. ISBN 9788485329298 (1987). Introducción a la numismática universal. Ed. ISTMO. ISBN 9788470901805 (1989). El arte rupestre en la provincia de Teruel. Instituto de Estudios Turolenses. ISBN 9788486982072 (1995). Aragón y los aragoneses: un ensayo sobre su personalidad. Ibercaja. ISBN 9788488793393 (1997). Introducción al estudio de la moneda hispanoamericana. Gobierno de Aragón, Zaragoza. ISBN 9788477536697 (1998). Arte prehistórico en la Península Ibérica. Diputació de Castelló. ISBN 9788489944367 (1999). La provincia de Zaragoza: tierras y gentes. Diputación de Zaragoza. (2002). Mito, misterio y sagralidad: la pintura prehistórica aragonesa. Biblioteca Aragonesa de Cultura. ISBN 9788483241110

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Beltrán Lloris, M.; Beltrán Lloris, F. (2007). «Antonio Beltrán. 916-2006. Vir Bonvs, Magister Optimvs». En Caesaraugusta, 79. Institución Fernando El Católico, Zaragoza. Beltrán Lloris, M. (2008) "Antonio Beltrán Martínez: hacia una semblanza". En Museos.es. Revista de la Subdirección General de Museos Estatales., Nº. 4. Páxinas 210-219.

Categoría:Nados en Sariñena Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Arqueólogos de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Historiadores de España Categoría:Antropólogos de España Categoría:Etnógrafos e folcloristas Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Prehistoriadores Categoría:Alumnos da Universidade de Valencia Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Profesores da Universidade de Zaragoza Categoría:Directores de museos Categoría:Catedráticos