Martha Kohen, nada en Montevideo, Uruguai, en 1947, é unha arquitecta e urbanista uruguaia, filla da artista plástica Linda Kohen, é unha das autoras do Memorial en Recordación dos Detidos e Desaparecidos na capital uruguaia.

Traxectoria Martha Kohen recoñeceu que a influencia da súa nai levouna a interesarse e involucrarse en múltiples asuntos e a desenvolver sensibilidade cara á arte e a arquitectura.

Formouse na Facultade de Arquitectura da Universidade da República. Realizou un máster na Universidade de Cambridge. En 2003 mudouse aos Estados Unidos e incorporouse á Universidade da Florida, inicialmente como directora da Escola de Arquitectura. Logo de cinco anos deixou a dirección da escola e dedicouse á docencia. Desempéñase como directora do Consorcio para Urbanismo Hidrogenerado, que busca propor novos novos paradigmas para a evolución dos asentamentos costeiros.

Xunto ao arquitecto Ruben Otero proxectou e construíu o Memorial en Recordación dos Detidos e Desaparecidos situado no Parque Vaz Ferreira, no Cerro de Montevideo, inaugurado en 2001. Polas súas calidades arquitectónicas e paisaxísticas, o Memorial foi recoñecido nacional e internacionalmente. Foi declarado de interese Nacional polo Poder Executivo no ano 2000 e Monumento Histórico Nacional en 2014. Ademais, foi distinguido co primeiro premio compartido na categoría Arquitectura Paisaxística Internacional na XIII Bienal Panamericana de Arquitectos de Quito. Logo en 2003, foi seleccionado como Obra polo Consello Consultivo da 5ª Bienal Internacional de Arquitectura e Deseño de São Paulo, e concedéuselle a Medalla de Prata na Primeira Bienal de Arte de Miami, nos EUA.

Obra

Memorial en Recordación dos Detidos e Desaparecidos (2001). Transformación do edificio da Dirección Nacional de Cultura do Ministerio de Educación e Cultura (MEC) (1996). Plan Especial de Ordenación, Protección e mellora de Prado – Capurro. Intendencia de Montevideo.

Premios

Primeiro premio compartido na categoría Arquitectura Paisaxística Internacional na XIII Bienal Panamericana de Arquitectura de Quito, Ecuador (2002). Primeiro premio na V Bienal de Arquitectura de San Pablo, Brasil (2003). Medalla de Prata na Primeira Bienal de Arte de Miami, Estados Unidos.

Publicacións

Clark, N. and Martha Kohen (eds.). From Hydro-generated Urban Environments to Hydro Retrofitting the Metropolis: The Florida São Paulo Dialogues Volume I; University of Florida, 2015. Kohen, M. 2014. “Creating Sustainable Urbanity in the Fringe” in LADC L’architettura delle Città: The Journal of the Scientific Society Ludovico Quaroni, n. 3-4/2014 The City in the Evolutionary Age, pgs. 187-198 (ISSN 2281-8731). Kohen, M. 2004. Written in stone: memory and reconciliation intersecting the urban biosphere. Annals of the New York Academy of Sciences, 1023(1), 282-288. Clark, N. & Martha Kohen (eds). Urban Waterways: Evolving Paradigms for Hydro-based Urbanisms; UNESCO Chair Publication Series: The Architecture of the City; The Journal of Scientific Society Ludovico Quaroni; edited by Edizioni Nuova Cultura, Rome. Kohen, M. “The KEY to the Durban Door: From the Warwick Junction to the Waterfront UNESCO Workshop”; Warwick Junction Workshop Report 2014; UNESCO Chair in Sustainable Urban Quality and Culture. Kohen, M. “Favelas: Daring the Largest Scale in Sao Paulo”; Piano Progetto Citta PPC Non. 29 Learning from the Favelas Rivista do Dipartimenti Idea& DART Pescase Architettura Università’ di Chieti Italia.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Arquitectura do Uruguai Categoría:Nados en Montevideo