Llama Llama é unha serie de televisión animada para nenos que se estreou o 26 de xaneiro de 2018 en Netflix. Coproducida por Genius Brands e Telegael Teoranta, baséase nos libros de Anna Dewdney. A serie conta a historia dunha llama antropomórfica chamada Llama (coa voz de Shayle Simons) que vive coa súa Mama Llama (coa voz de Jennifer Garner) nunha cidade dirixida por animais antropomórficos onde aprende sobre diversión, amizade e cousas novas. A serie foi producida por Reed Duncan, socio de Dewdney dende hai moito tempo, facéndoo en homenaxe a ela. A segunda tempada estreouse o 15 de novembro de 2019.
Personaxes Shayle Simons como Llama Llama Jennifer Garner como Mama Llama Alistair Abell como Billy Goat Austin Abell como Gilroy Goat Vania Gill como Luna Giraffe Islie Hirvonen como Nelly Gnu Evans Johnson como Zelda Zebra Grady Ainscough como Roland Rhino Grady Ainscough como Harold Hackney Kathleen Barr como Grandma Llama David Orth/David Poole como Grandpa Llama Brenden Sunderland como Euclid Sheep
Notas
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Irlanda