Pedro Fernández de Castro, finado no sitio de Alxeciras en 1343, foi un nobre galego do século XIV señor da casa de Lemos. Desde 1328 foi Pertegueiro Maior da terra de Santiago e encomendeiro do bispado de Lugo, en 1331 é nomeado Adiantado Maior do Reino de Galiza. Recibiu de Afonso XI a vila de Monforte de Lemos co seu señorío e o título de Mordomo Maior do Rei no 1332, no 1333 recibe tamén a titulación de Adiantado Maior da Fronteira de Andalucía.
Traxectoria miniatura|esquerda|Escudo da Casa de Castro. Ao morrer seu pai Fernando Rodríguez de Castro, é enviado a Portugal, onde se cría xunto ao infante Afonso IV. Tras a súa crianza regresa a Galiza, poñéndose ao coidado da facenda herdada no ano 1319.
Despois foi nomeado mordomo maior da corte castelá. Casou primeiro con dona Beatriz de Portugal, con quen non tivo descendentes. Desposou logo á señora de Villanueva de los Infantes, Castrelo y Espinosa, dona Isabel Ponce de León, procreando a Fernán Ruiz de Castro “Toda a lealdade de España” e Xoana de Castro “a desamada”.
Da súa unión extramatrimonial coa dama portuguesa Aldonza Lourenzo de Valadares tivo dúas fillas e un fillo: Milia Peres de Castro Inés de Castro Alvar Peres de Castro.
A súa sepultura atópase no mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.
Notas
Categoría:Finados en 1343 Categoría:Adiantados maiores do Reino de Galicia Categoría:Nobres de Galicia do século XIII Categoría:Nobres de Galicia do século XIV