María Victoria Gómez Méndez, nada en Mugardos o 7 de setembro de 1954, é unha militante do Partido Comunista de España (reconstituído) e dos Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre. Traxectoria Con tres anos a familia mudouse a Vigo. En 1973, mentres estudaba na Universidade de Santiago de Compostela, participou en múltiples protestas, e uniuse ao PCE(r) en 1975. Na década de 1980 foi detida por atracar un banco e pasou dous anos no cárcere. En 1990 foi detida na Coruña xunto a José Luís Elipe López por pertenza a banda armada e falsificación documental. En 1995 deixou os seus cargos no partido para unirse aos GRAPO.
Despois de cumprir condena refuxiouse en Francia, onde foi detida en 2000 e extraditada en 2004 a España. En 2010, mentres cumpría condena no cárcere de Cáceres, foi detida pola súa presunta implicación no secuestro e posterior asasinato do empresario Publio Cordón. No xuízo celebrado na Audiencia Nacional foi condenada a 30 anos de prisión, pero no xuízo posterior, tras un recurso presentado polo fiscal, o Tribunal Supremo condenouna xunto con outro membro dos GRAPO a vinte e sete anos e medio de prisión. Segundo a sentenza, o seu labor durante o secuestro foi alugar a casa e custodiar e enterrar a Publio Cordón.
En 2012 foi condenada xunto a Manuel Pérez Martínez "Arenas" e Fernando Silva Sande a 17 anos de prisión por un delito de estragos terroristas por colocar unha bomba en Madrid en 1998.
Notaas
Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1954 Categoría:GRAPO Categoría:Comunistas de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes