Digital Research, Inc. (abreviada DR ou DRI; orixinalmente Intergalactic Digital Research) foi unha empresa estadounidense creada en 1974 por Gary Kildall e a súa esposa Dorothy McEwen, en Pacific Grove, California, para desenvolver e comercializar o sistema operativo CP/M e produtos relacionados. A DR foi a primeira grande industria de software no mundo das microcomputadoras. Non se debe confundir Digital Research con Digital Equipment Corporation: as dúas empresas non estaban afiliadas.
Venda a Novell O éxito de DR-DOS levou a Novell a interesarse pola empresa, que adquiriu en 1991. Non obstante, o CEO de Novell, Ray Noorda, cambiou de opinión máis tarde, decidindo non competir con Microsoft no mercado dos sistemas operativos de escritorio, e a experiencia de DRI neste campo non foi aproveitada.
En 1994, Noorda deixou Novell. Ese mesmo ano, o seu grupo, Canopy Group, financiou a fundación de Caldera Systems, que en 1996 adquiriu todos os dereitos de DRI de Novell, incluídos os de DR-DOS. Despois da adquisición, Caldera demandou a Microsoft por conduta monopolística no mercado dos sistemas operativos e por erixir barreiras de software para impedir o uso de Windows en sistemas distintos de MS-DOS. O caso, que se xulgou no ano 2000, deu a razón ás alegacións de Caldera e ordenouse a Microsoft pagar a Caldera uns danos estimados entre 150 e 200 millóns de dólares.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CP/M
Ligazóns externas
Categoría:Empresas de software Categoría:Entidades desaparecidas Categoría:Digital Research