Carlos González Reigosa, nado en Lagoa (Pastoriza) o 2 de setembro de 1948, é un escritor e xornalista galego.

Traxectoria profesional É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).

É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.

Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).

Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).

Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).

É profesor no mestrado de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no mestrado de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.

Obra en galego Narrativa Homes de Tras da Corda (1982, Xerais). Crime en Compostela (1984, Xerais). As pucharcas da lembranza (1986, Xerais). O misterio do barco perdido (1988, Xerais). A guerra do tabaco (1996, Xerais). Narcos (2001, Xerais). Intramundi (2002, Xerais). Pepa A Loba (2006, Xerais). A vida do outro (2009, Xerais). Xentiario (2009, Galaxia). A lei das ánimas (2010, Galaxia) Tras da Corda (2012, Xerais) A vitoria do perdedor (2013, Xerais). A vinganza do defunto (2014, Xerais). Segredos de Bretaña (2016, Xerais).

Literatura infanto-xuvenil Irmán Rei Artur (1987, Xerais). Dous máis dous (1998, Sotelo Blanco). A soidade do asasino (2018, Xerais) (Teatro)

Ensaio Fuxidos de sona (1989, Xerais). O doutor Livingstone, supoño (1998, Xerais). Eidos do xornalismo (2007, Galaxia). Laxeiro por si mesmo (2008, Xerais). A Galicia máxica de García Márquez (2013, Xerais). A morte de Valle-Inclán. O último esperpento (2016, Xerais, con Javier del Valle-Inclán e José Monleón).

Poesía Kid Salvaxe (2014, Xerais).

Conversas Conversas de Gonzalo Torrente Ballester con Carlos G. Reigosa (1983, SEPT). Colmeiro por si mesmo (2015, Xerais).

Obras colectivas A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1982, Ediciós do Castro). Premios Pedrón de Ouro. X Certame Nacional Galego de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo" (1985, Ediciós do Castro). Contos eróticos. Eles (1990, Xerais). O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia). Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais). Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega). Palabra por palabra. Contos da Policía (2003, Ir Indo). Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios Premio Xerais no 1984, por Crime en Compostela. Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 1981, por O tesouro de Petro Xesto. Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 1984, por Cantar sen xesta de Lanzarote do Lago. Premio Torrente Ballester no 2008, por A vida do outro Carlos Reigosa gaña o Torrente Ballester cunha obra sobre a Transición, Vieiros, 11/11/2008. Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego no 2012, por Paraíso case baleiro.

Obras en castelán Narrativa Oxford, amén (1982). Publicado en galego no 2006, por Xerais. Los otros disparos de Billy (1986). Publicado en galego no 1991, por Xerais, como Os outros disparos de Billy. El regreso de los maquis (1992). Publicado en galego no 2004, por Xerais, como O regreso dos maquis. La agonía del león (1995). Publicado en galego no 2011, por Xerais, como A agonía do león.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega Ficha de autor na biblioteca virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Xornalistas de Pastoriza Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Nados en Pastoriza Categoría:Nados en 1948