miniatura|TDRS M, un satélite que usa o bus BSS-601. Xenon Ion Propulsion System ou XIPS é un conxunto de motores iónicos electrostáticos comerciais desenvolvidos por Hughes Space and Communications Company, máis tarde comprada por Boeing.
Características Os motores XIPS aliméntanse mediante xenon e están pensados para ser usados para manobras de mantemento da órbita en satélites de comunicacións, circularización da órbita, control de actitude e anulación de momento. O elevado impulso específico dos motores iónicos permite reducir a cantidade de propelente para esta tarefa, disminuíndo a masa total do satélite ou permitindo cargas útiles máis elevadas. Hai dous modelos de motores XIPS segundo o seu diámetro.
XIPS-13 O XIPS-13 ten un diámetro de 13 cm, un impulso de 18 mN e o seu impulso específico é de 2585 s. Úsase en conxuntos de catro (cunha masa total de 68 kg). Cada motor consome 439 W de potencia, alimentado por 29,34 V de corrente continua. Úsase nos satélites con bus HS-601 (ou BSS-601 desde que pertence a Boeing).
XIPS-25 O motor XIPS-25 ten 25 cm de diámetro e ao igual que con XIPS-13, funcionan en grupos de catro. Cada motor consome 4,2 kW de potencia, proporcionando 165 mN de impulso, cun impulso específico de 3800 s. Úsase nos satélites con bus HS-702 (ou BSS-702).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Motor iónico
Categoría:Motores foguete