Matías Vecino Falero, nado en Canelones o 24 de agosto de 1991, é un futbolista uruguaio que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Celta de Vigo da Primeira División.

Traxectoria en clubs Primeiros anos Vecino comezou a súa carreira deportiva no Central Español, primeiro nas categorías inferiores e a partir de 2010 no equipo sénior. Na tempada 2011/2012 pasou a formar parte do Club Nacional de Football.

Fiorentina En xaneiro de 2013, Vecino fichou pola ACF Fiorentina da Serie A e asinou un contrato de catro anos que incluía unha prima de traspaso de 2,5 millóns de euros. Con todo, a operación demorouse e fíxose oficial en agosto de 2013. En setembro de 2013, Vecino non foi un dos xogadores incluídos por Vincenzo Montanella na UEFA Europa League 2013-14.

O 26 de setembro de 2013, Vecino debutou na máxima categoría italiana nunha derrota por 2-1 ante o Inter de Milán. Na primeira metada da tempada 2013/14 só contou con seis participacións e unha titularidade, polo que foi cedido ao Cagliari Calcio até final da campaña con opción de compra.

Na tempada 2014/15 comezou unha nova cesión no Empoli. Posteriormente regresou á Fiorentina e pasou a formar parte do cadro regular. En 2016 asinou un novo contrato por cinco tempadas.

Inter de Milán O 31 de xullo de 2017, anunciouse o traspaso de Vecino ao Inter de Milán por unha suma de 24 millóns de euros. A operación fíxose oficial o 2 de agosto e Vecino asinou contrato até xuño de 2021. Debutou o 20 de agosto dese ano nunha vitoria por 3-0 ante o seu antigo equipo, a Fiorentina. Seis días despois, Vecino anotou o seu primeiro gol ante a AS Roma para unha vitoria final por 3-1, a primeira do equipo no Stadio Olimpico tras nove anos.

O 20 de maio de 2018, Vecino marcou o gol decisivo nunha vitoria por 3-2 ante a Lazio que permitiu a clasificación do equipo para a Liga de Campións da UEFA despois de seis anos. O 18 de setembro dese ano anotou o gol da vitoria ante o Tottenham Hotspur na máxima competición europea.

Lazio O 1 de agosto de 2022, Matías Vecino asinou un contrato de tres tempadas coa SS Lazio.

Celta de Vigo O 2 de febreiro de 2026 anunciouse a fichaxe de Vecino polo Celta de Vigo até 2027.

Traxectoria internacional Matías Vecino naceu en Canelones (Uruguai) no seo dunha familia de descendencia italiana, con raíces na cidade de Campobasso, polo que contaba coa posibilidade de xogar en ambas as seleccións nacionais. Xogou coa selección de fútbol sub-20 de Uruguai durante o Campionato Suramericano de Fútbol Sub-20 de 2011 e a Copa Mundial de Fútbol Sub-20 de 2011. FIFA. "FIFA Player Statistics: Matias VECINO". Consultado o 14 de maio de 2023. Vecino anotou o gol que clasificou a selección uruguaia para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. FIFA. "Uruguay end 84-year drought". 10 de febreiro de 2011. Consultado o 14 de maio 2013.

O 25 de marzo de 2016, Matías Vecino debutou coa selección de fútbol do Uruguai nun partido ante Brasil. En maio de 2018 foi incluído na listaxe provisional para o Mundial de Fútbol de 2018. O 27 de maio de 2024 anunciouse a súa retirada da selección nacional.

Palmarés

Nacional Primeira División do Uruguai: 2011–12

Inter de Milán Serie A: 2020–21 Copa Italia: 2021–22 Supercopa Italiana: 2021 UEFA Europa League: 2019–20 (subcampionato)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Matías Vecino Perfil na páxina web da SS Lazio Matías Vecino Perfil na páxina web da Asociación Uruguaia de Fútbol

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no Uruguai Categoría:Futbolistas do Uruguai Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Uruguai Categoría:Xogadores do Central Español FC Categoría:Xogadores do Club Nacional de Football Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Cagliari Calcio Categoría:Xogadores do Empoli FC Categoría:Xogadores do SS Lazio Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do Celta de Vigo