Jesús Calabuig Reig, nado en Beniarrés (provincia de Alacant) o 4 de xullo de 1949 e finado en Vigo o 7 de xullo de 2008,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-7-2008, p. 96. foi un pintor español, coñecido polo pseudónimo de Jesús Calabuig-Prado.

Traxectoria Formado na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o pintor Francisco Lozano Sanchís. Trasladouse a Galicia tras casar coa pintora lucense María Teresa Calabuig-Prado, coa que comparte coautoría de multitude de obras, e ambos compartiron apelido artístico conxugando o primeiro del e o segundo dela. Foi catedrático por oposición do Instituto Alexandre Bóveda de Vigo.

A súa obra está vinculada á abstracción, o informalismo e postimpresionismo. Seleccionado en diversas bienais de arte, ten obra no Museo de Bellas Artes de Granada e no Museo de Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Pintores de España

Categoría:Nados na provincia de Alacant

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Profesores de educación secundaria