Nemesio Alonso Sotillo, nado en Grixoa (Viana do Bolo) cara a 1902 e finado en Viana do Bolo, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Obreiro do ferrocarril. Militante da CNT, membro do Sindicato Único de Traballadores da Gudiña. Foi detido en febreiro de 1931 por agresión.La Región, 19-2-1931, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Xulgado en consello de guerra o 8 de xullo de 1937 na causa 166/37, foi declarado en rebeldía. Detido, encarcerárono no castelo de Viana do Bolo, de onde escapou con outros compañeiros, botándose a vivir escondidos no monte, ata que o colleron e o mataron a tiros nas Viñas de Parada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
1936: a caza do home na bisbarra ourensá das Frieiras
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Sindicalistas da CNT Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Viana do Bolo Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en ano descoñecido