Unha bicada é un tipo de manifestación, frecuentemente utilizada por persoas homosexuais, gais ou lesbianas, pansexuais ou bisexuais, que se bican dentro ou diante dun lugar que previamente reprimiu tales mostras de afecto, como forma de protesta e repulsión por tal acción e co obxectivo de escandalizar a aqueles que rexeitan tales formas de orientación sexual e en manifestacións contra os prexuízos.

Historia No ano 1979 organizouse a primeira bicada en San Francisco como resposta ao asasinato de Harvey Milk, un político abertamente gai. Para a década de 1980 as bicada convértense nunha forma común de activismo LGBTQ+ en San Francisco e outras cidades dos Estados Unidos. As bicadas tamén se utilizan como forma de protesta contra a epidemia da SIDA e a discriminación cara ás persoas con VIH/SIDA. Desde entón, converteuse nunha forma global de activismo, organizándose bicadas en diversas cidades do mundo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cultura popular Categoría:LGBTIQ+