Luis Alfredo Acosta Zapata, tamén coñecido como Lucho Acosta, nado en Caloto, no departamento de Cauca en 1973, é un líder indíxena nasa, e dende o 21 de xaneiro de 2026 é ministro de Igualdade e Equidade de Colombia, como parte do goberno de Gustavo Petro.

Traxectoria É fillo de Ana Tulia Zapata, educadora e líder social, xestora do Consello Rexional Indíxena do Cauca (CRIC), e de Moisés Acosta, quen foi desaparecido pola guerrilla das FARC cando el tiña oito anos.

Acosta Zapata desenvolveu a súa traxectoria no eido comunitario e organizativo dentro do movemento indíxena colombiano. Foi profesor bilingüe de primaria (en nasa e en castelán) en Toribío. Foi Coordinador Nacional da Organización Nacional Indíxena de Colombia (ONIC) durante máis de 14 anos, onde liderou procesos de articulación, mobilización e defensa dos dereitos dos pobos étnicos en distintos territorios do país.

Foi tamén unha figura central na Garda Indíxena Nacional, a organización de protección comunitaria da ONIC, encargada de vixiar o cumprimento de dereitos, protexer territorios e garantir a seguridade en zonas de conflitos e ausencia do Estado.

Participou en operacións de procura e salvamento, como a localización dos catro nenos Mucutuy na selva do Yarí, en articulación con forzas militares e comunidades locais.

A súa experiencia organizativa inclúe labores de etnoeducación, transmisión de saberes ancestrais e acompañamento a comunidades en procesos de resistencia e preservación cultural.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pobo nasa Movemento Alternativo Indíxena e Social

Categoría:Nados en Caloto Categoría:Nados en 1973 Categoría:Pobo nasa Categoría:Colombianos de ascendencia indíxena Categoría:Indixenistas de América Categoría:Profesores de Colombia Categoría:Políticos do Movemento Alternativo Indíxena e Social Categoría:Ministros de Igualdade e Equidade de Colombia