Xoel López, nado na Coruña o 12 de agosto de 1977, anteriormente coñecido polo nome da súa banda musical unipersoal Deluxe, é un músico galego. As principais linguas que utiliza nas letras son o inglés e o castelán, aínda que tamén ten algún tema en galego.

Traxectoria Desde 1996 formou parte do grupo Elephant Band, co que chegou a tocar no Festival da Illa de Wight.El gran paso de la «Elephant Band»

Xa en solitario, como Deluxe, deu numerosos concertos en España e participou no Festimad, Festival Internacional de Benicàssim (2002, 2003 e 2005), Sonorama, Contempopranea, Espárrago Rock, Festival do Norte e moitos outros. Ademais deu unha xira con Juan Aguirre (Amaral) e participou no proxecto Laboratorio Ñ con Iván Ferreiro, Amaral e Quique González, entre outros"Grandes planes para una vida mejor", post de Xoel López en Laboratorio Ñ, 20 de novembro de 2005 .. Deu concertos ademais en Renania do Norte-Westfalia, Alemaña durante o Mundial de Fútbol de 2006.Páxina sobre o artista na páxina oficial do Mundial de fútbol de 2006

Os seus primeiros álbums graváronse baixo o selo de Mushroom Pillow, pero o seu traballo Fin de un viaje infinito, gravouse con Virgin Records. A revista Rolling Stone considerou o seu LP Los jóvenes mueren antes de tiempo o mellor de 2005.

En 2026, coindicindo co 120 aniversario do club, publicou a canción Voa, himno do Deportivo da Coruña.

Discografía Álbums como Deluxe Not What You Had Thought(2001)If Things Were to Go Wrong(2004)Los jóvenes mueren antes de tiempo(2005)Fin de un viaje infinito(2007)Reconstrucción(2008)

Álbums como Xoel López Atlántico (2012) Paramales (2015) Sueños y pan (2017) Si mi rayo te alcanzara (2020) Caldo espírito (2023) Oniria popular (2026)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cantautores Categoría:Nados na Coruña Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Nados en 1977 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua inglesa Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Solistas Categoría:Grupos musicais en galego