Pelé, o nacemento dunha lenda (en ) é un filme biográfico estadounidense de 2016 sobre a vida temperá do futbolista brasileiro Pelé e a súa viaxe coa selección do Brasil para gañar a Copa Mundial da FIFA de 1958. Foi dirixido e escrito por Jeff Zimbalist e Michael Zimbalist, e está protagonizado por Kevin de Paula, Vincent D'Onofrio, Rodrigo Santoro, Diego Boneta, xunto con Colm Meaney, e un cameo do propio Pelé. A historia céntrase na relación entre Pelé e o seu pai. A rodaxe tivo lugar en Río de Xaneiro entre setembro de 2013 e finais de 2014.
O filme tivo unha resposta negativa por parte da crítica, sinalando defectos na narrativa e falta de profundidade.
Estreouse en galego en 2025 a través da TVG e posteriormente en liña en AGalega.
Personaxes Kevin de Paula como Pelé Leonardo Lima Carvalho como Pelé con 10 anos Seu Jorge como Dondinho Mariana Nunes como Celeste Arantes Vincent D'Onofrio como Vicente Feola Milton Gonçalves como Waldemar de Brito Diego Boneta como José "Mazzola" Altafini Colm Meaney como George Raynor Felipe Simas como Garrincha Fernando Caruso como Zito Rodrigo Santoro como anunciante brasileiro Pelé fai un cameo como o home sentado na recepción do hotel
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de A. R. Rahman Categoría:Filmes ambientados en 1950 Categoría:Filmes ambientados en 1957 Categoría:Filmes ambientados en 1958 Categoría:Filmes ambientados en Río de Xaneiro Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego