Lena Yanina Estrada Añokazi, nada en La Chorrera, Amazonas en 1982, é unha líder indíxena do pobo witoto minɨka, orixinaria da rexión amazónica de Colombia. É politicóloga da Universidade Nacional de Colombia e PhD en Sostibilidade pola Universidade Politécnica de Cataluña. En febreiro de 2025 foi designada como Ministra de Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Colombia no goberno de Gustavo Petro.
Traxectoria Lena Yanina Estrada Añokazi naceu en La Chorrera, no departamento do Amazonas, e é filla de Felisa Añokazi, educadora e líder indíxena. Medrou na súa comunidade witoto minɨka, onde comenzou a súa educación básica. Posteriormente, continuou os seus estudos fóra da rexión, graduándose en Ciencias Políticas na Universidade Nacional de Colombia. Logo cursou estudos de sostibilidade na Universidade Politécnica de Cataluña. Ao longo da súa carreira, salientou polo seu compromiso coa defensa dos dereitos dos pobos indíxenas e a sostibilidade.
Foi investigadora académica na Cátedra UNESCO de Sostibilidade en Barcelona, entre decembro de 2008 e decembro de 2009, e na Universidade Nacional de Colombia na rexión amazónica. Foi coordinadora de asuntos étnicos na gobernación de Amazonas (2010). Foi asesora de varias organizacións sociais dos pobos indíxenas en temas de dereitos humanos, biodiversidade e cambio climático. Dende 2022 foi representante dos pobos indíxenas no Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.
Aspirou ao Senado da República de Colombia nas eleccións lexislativas de 2018 na coalición política chamada Lista da Decencia promovida polo daquela candidato presidencial Gustavo Petro. Estrada participou como representante das comunidades indíxenas co aval do partido MAIS na circunscrición especial indíxena, mais sen acadar obter a representación.
Goberno de Petro En xuño de 2024 foi nomeada directora da Academia Diplomática do Ministerio de Relacións Exteriores de Colombia. Alí traballou na promoción de espazos de diálogo e participación para as comunidades indíxenas, recoñecendo a súa representación e achegas na construción do país. En xuño de 2024, recibiu a membros da Mesa Permanente de Concertación co obxectivo de coordinar procesos de formación en diplomacia indíxena e fomentar cambios estruturais no país co apoio dos pobos indíxenas.
Lena Estada involucrouse en temas estratexicamente claves, como a COP16 de biodiversidade de Cali, a gran vitrina internacional do goberno de Petro, o que permitiu unha participación activa dos pobos indíxenas. En Cali, baixo o lema de “Paz Coa Natureza”, Colombia impulsou varios acordos. Entre eles, o referente á participación de grupos indíxenas e comunidades locais como asesores permanentes da Convención de Diversidade Biolóxica da ONU (CDB). Estrada tamén formou parte da delegación colombiana que participou na COP29 de cambio climático en Bakú (Azerbaidján).
Ministra de estado miniatura|250px|Lena Estrada na presentación do novo gabinete de Petro, en 2025. En febreiro de 2025, logo da renuncia da ministra Susana Muhamad, Lena Estrada foi anunciada como Ministra de Ambiente e Desenvolvemento Sostible, converténdose na primeira indíxena en ser ministra de ambiente en Colombia.
Estrada recibiu o apoio do movemento indíxena mais enfrontou críticas na súa xestión por mor de atrasos en nomeamentos chave e no cumprimento de compromisos que adquirira o ministerio. Tamén tivo diferenzas co presidente Petro ao querer cambiar o rumbo ao ministerio que xa amosara significativos resultados coa ministra Muhamad. Estrada quixo facer mudanzas estruturais no ministerio como relevar os viceministros, mais o presidente no o aceptou.
O 5 de agosto de 2025 foi aceptada a súa renuncia e foi nomeada como ministra encargada a directora da Autoridade Nacional de Licenzas Ambientais (ANLA) e exministra de Minas e Enerxía Irene Vélez Torres.
Notas
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Ecoloxistas de Colombia Categoría:Pobo witoto Categoría:Políticos do Movemento Alternativo Indíxena e Social Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Colombia Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña Categoría:Ministros de Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Colombia