Manuel Nóvoa Nóvoa, coñecido como Bicho Bravo, nado en Ourense cara a 1912, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria

Ebanista en Ourense. Afiliado ao Partido Comunista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado co seu irmán Juan nunha especie de cova construída por eles no soto do edificio no número 37 da rúa Raíña Vitoria de Ourense. Descubertos, foron detidos o 5 de abril de 1937.El Pueblo Gallego, 6-4-1937, p. 11.La Región, 6-4-1937, p. 3. Xulgado en Ourense por adhesión á rebelión na causa 452/37 o 9 de setembro de 1937 co seu irmán Juan e Enrique Álvarez Conde, foi condenado a pena de morte, logo conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas. Cumpriu condena na Prisión de Ourense e na Prisión de Las Palmas, onde ingresou o 28 de marzo de 1939. Volveu ser detido en 1945 con Germán González Álvarez e ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 3 de setembro. E novamente detido en 1948, ingresa da prisión de Ourense o 30 de xuño. Saíu en liberdade o 17 de novembro de 1948.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Manuel Novoa Novoa Ficha en Memoria da Coruña

Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en ano descoñecido