Emanuel O. Hahn, nado en Reutlingen, Reino de Württemberg, o 30 de maio de 1881 e finado en Toronto, Ontario, o 14 de febreiro de 1957, foi un escultor e deseñador de moedas canadense de orixe alemá.
Foi un dos fundadores e primeiro presidente da Sociedade de Escultores de Canadá.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Hahn naceu o 30 de maio de 1881 en Reutlingen, daquela no Reino de Würtemberg e logo no estado alemán de Baden-Württemberg.Baker, V. (2008). Era fillo de Rosine Friederike Schloz (1842-1923) e de Ernst Hermann Otto Hahn (1828-1904)."Emanuel Otto Hahn (1881-1957)". Wikitree.com
En xullo de 1888 trasladouse a Toronto, xunto coa súa familia, e alí estudou Modelaxe e Deseño Comercial na Toronto Technical School e no Ontario College of Art. Logo completou a súa formación con estudos de Deseño Industrial, entre 1899 e 1903.
Carreira escultórica A súa traxectoria como escultor profesional comezou en 1901, cando foi contratado pola McIntosh Marble and Granite Company, de Toronto. Nesta empresa creou os relevos en bronce para varios monumentos de pedra, entre eles o de Robert Burns (1902), Toronto. En 1903 pasou a traballar na Canada Foundry Company, da mesma cidade.
En novembro de 1903 viaxou a Alemaña xunto coa súa familia, e residiu en Stuttgart durante tres anos. Neste período completou a súa formación artística en diversas institucións académicas, entre elas a Escola de Arte e Deseño de Stuttgart, e tamén foi aprendiz dun escultor membro da Kunstacademie.
Logo do seu regreso de Alemaña en agosto de 1906, Hahn estableceu unha relación profesional coa Thomson Monument Company que se mantivo durante catro décadas. Ademais, entre 1908 e 1912 foi axudante de taller do escultor Walter Seymour Allward, o que o levou a colaborar na construción de monumentos como o da Guerra de Suráfrica de Allward en Toronto, o dedicado a Alexander Graham Bell en Brantford, Ontario, e o de Baldwin-Lafontaine no outeiro do Parlamento en Ottawa.
En 1912 foi contratado como profesor de Modelaxe no Ontario College of Art, entidade na que chegou a dirixir o departamento de Escultura ata a súa xubilación en 1951. miniatura|320x320px|Monumento a Graham Bell en Brantford (1874),Logo da finalización da primeira guerra mundial, Hahn acadou sona polos seus deseños de monumentos conmemorativos, xa que as comunidades procuraban honrar os seus veteranos con cenotafios e esculturas conmemorativas. Entre estes, é de salientar unha figura meditando de Tommy"Tommy" é un alcume xenérico para os soldados británicos da primeira guerra mundial. co seu gran abrigo en Lindsay, Ontario.
A proposta gañadora de Hahn para o memorial de guerra na cidade de Winnipeg provocou unha controversia nacional cando se revelou en 1925 a ascendencia alemá do escultor. Hahn viuse forzado a renunciar á encarga, aínda que puido conservar o premio en metálico. A polémica xurdiu de novo cando se reabriu o concurso e foi a súa muller, Elizabeth Wyn Wood, quen resultou gañadora do contrato para o monumento. Os críticos acusaron a Wood por ter usado o seu apelido de solteira no concurso e de presentar unha copia do deseño do seu marido. Igualmente, viuse forzada a retirarse do contrato, e o memorial adxudicouse finalmente ao clasificado no terceiro posto."Winnipeg Cenotaph". Veterans Ombudsman. Government of Canada (Veterans.gc.ca). miniatura|280x280px|Tommy con abrigo, dedicada aos caídos na I guerra mundial, en Lindsay, Ontario. Con todo, estes feitos non prexudicaron significativamente a carreira artística de Hahn, xa que a ampla cobertura de prensa se puxo en contra da cidade de Winnipeg, ao ter en conta que Hahn era xa un cidadán naturalizado canadense. O ano seguinte adxudicóuselle o contrato para o monumento a Edward Hanlan (1926), erixido no recinto da Esposición Nacional do Canadá, e trasladado ás Illas de Toronto en 2004."Facts on Figures". En Toronto Stars. 8 de xullo de 2005. En 1929 gañou o concurso para un monumento na memoria de Sir Adam Beck, o seu proxecto monumental máis importante e de maior tamaño, inaugurado en 1934 na University Avenue, en Toronto.
Hahn contribuíu tamén con dous paneis escultóricos de pedra arquitectónica para o edificio da sede en Toronto do Bank of Montreal en 1948. Estes foron recuperados cando o edificio foi demolido en 1972 e pasaron a estar expostos en Guild Park and Gardens, xunto con outros paneis dese edificio."Highlights. Provincial Panels: B, C". Friendsofguildpark.comminiatura|320x320px|Monumento a Adam Beck en Toronto.É probable que a derradeira obra escultórica de Hahn fose o monumento en memoria de Robert H. Saunders, erixido na University Avenue, ao sur de College Street, en 1957.University Avenue Cultural Heritage Landscape Study. Volume A: Report. Common Bond Collective, Toronto. Páxina 82.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Hahn foi membro fundador do Club das Artes e das Letras de Toronto en 1908, e tamén da Sociedade de Escultores do Canadá, que estableceu xunto con Frances Loring, Florence Wyle e Elizabeth Wyn Wood en 1928, e na que exerceu como primeiro presidente. Tamén foi membro da Real Academia das Artes do Canadá."Members since 1880". Royal Canadian Academy of Arts (rca-arc.ca).
A modo de homenaxe, Hahn foi o suxeito dun busto de tamaño superior ao real (56 cm) creado pola súa antiga alumna Elizabeth Bradford Holbrook, titulado Cabeza de Emanuel Hahn. A escultura foi adquirida pola Galería Nacional do Canadá en 1962 para a súa colección permanente. The National Gallery of Canada 1961-1962 Annual Report, Queen's Printer and Controller of Stationery, Ottawa 1962.
Deseñador de moedas canadenses Paralelamente ao seu labor escultórico, Emanuel Hahn foi escollido como deseñador e gravador de varias moedas canadenses,"Emanuel Otto Hahn". Numista.com entre elas o reverso do popular dólar Voyageur, emitido pola Real Casa da Moeda do Canadá a partir de 1935, e que representa un cazador e comerciante de peles da Compañía da Baía de Hudson e un nativo a bordo dunha canoa, coa aurora polar ao fondo."1 Dollar - George V Silver Jubilee". Numista.com
Tamén son da súa creación os reversos da moeda de 10 dentavos co veleiro de regatas de Nova Escocia Bluenose,"10 Cents - George VI". Numista.com e da moeda de 25 centavos coa cabeza de caribú,"25 Cents - George VI". Numista.com ambas emitidas a partir de 1937, ou o reverso do dólar de 1939 conmemorativo da visita de Xurxo VI e a súa filla Isabel ao Canadá, que reproduce o edificio do Parlamento Canadense."1 Dollar - George VI Royal Visit". Numista.com
Vida familiar
Emanuel Hahn casou o 17 de setembro de 1926 coa súa antiga alumna Elizabeth Winnifred Wood (1903-1966),"Elizabeth Winnifred Wood (1903 - 1966)". Wikitree.com e xuntos tiveron unha filla."Hahn and Wife, Sculptors". En Maclean's Magazine. 1 de novembro 1945. Fixaron a súa residencia en Toronto, cidade na que Hahn finou o 14 de febreiro de 1957.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Baker, V. (1997). Emanuel Hahn and Elizabeth Wyn Wood: Tradition and Innovation in Canadian Sculpture. National Gallery of Canada, Ottawa. ISBN 0-88884-670-3 Baker, V. (2008). "Emanuel Otto Hahn".The Canadian Encyclopedia.
Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en Baden-Württemberg Categoría:Deseñadores de moeda do Canadá Categoría:Escultores do Canadá Categoría:Canadenses de ascendencia alemá