Rancid é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Rancid, publicado o 10 de maio de 1993 a través do selo Epitaph Records.

É o único álbum que presenta á banda como trío (o guitarrista e vocalista Lars Frederiksen uniríase máis tarde á Rancid para a xira de promoción do disco), así como un dos tres álbums que non foron producidos por Brett Gurewitz (os outros foron ...And Out Come the Wolves e Life Won't Wait). Porén, Gurewitz fixo coros no álbum.

Tamén foi o segundo de tres lanzamentos homónimos, sendo os outros o EP de estrea do grupo (1992) e o seu quinto álbum de estudio (2000). Este álbum foi alcumado "Rancid Rancid". Ata Trouble Maker de 2017, este foi o único álbum de Rancid que non incluía o seu icónico logotipo na portada. En 2019, Brooklyn Vegan clasificou o álbum como o seu sexto mellor disco.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Rancid Categoría:Álbums musicais de 1993 Categoría:Álbums de Epitaph Records