Black Barbie: A Documentary é un filme documental estadounidense de 2023 sobre a creación da primeira boneca negra de Barbie en 1980. O filme dirixiuno, escribiuno e produciuno Lagueria Davis. Estreouse no festival de cinema South by Southwest de 2023 e lanzouse en Netflix o 19 de xuño de 2024.
Acollida Na páxina web de recensións Rotten Tomatoes, o 96 % das 27 opinións dos críticos son positivas, cunha valoración media de 7,2/10. O consenso do sitio web di: «Levou 20 anos para que unha boneca Barbie negra aparecese xunto a outras brancas nos andeis; este documental inspirador e perspicaz destaca as mulleres que persistiron para facelo posible».
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América