Antonio Mussabini, nado en Esmirna o 12 de xuño de 1805 e finado en Bornova o 4 de maio de 1861, foi un eclesiástico católico latino, arcebispo de Esmirna dende 1838 até o seu pasamento.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de comerciantes orixinaria de Siria que se mudara a Esmirna e que adaptara o seu apelido (antes Mouchablis) para facelo mais "latino". Segundo as fontes o seu pai era de Alepo ou de Damasco.
O 6 de marzo de 1838 foi nomeado arcebispo de Esmirna. Recibiu a consagración episcopal dous meses despois, o 6 de maio, en Constantinopla. Tivo como consagrador principal a Julien-Marie-François-Xavier Hillereau, vigairo apostólico de Constantinopla.
En 1855, logo do pasamento de Hillereau, foi nomeado pro-vigairo apostólico de Constantinopla, cargo que exerceu até que foi nomeado o novo vigairo Paolo Brunoni o 23 de novembro de 1858.
En 1857 mercou un terreo co obxectivo de construír unha catedral (hoxe a catedral de San Xoán). Porén, mentres comezaban os preparativos da construción, finou no cargo o 4 de maio de 1861. Grazas á súa boa relación co sultán Abdülaziz I conseguiu non só os permisos senón tamén unha doazón de 11.000 liras de ouro.
Notas
Categoría:Nados en 1805 Categoría:Nados en Esmirna Categoría:Finados en 1861 Categoría:Nados en Esmirna Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX