María Aurora Grandury González, nada en Ponferrada en 1997, é unha enxeñeira e investigadora española, especializada en aprendizaxe automática e procesamento de linguaxe natural. Traxectoria María Grandury estudou bacharelato no IES Virgen de la Encina de Ponferrada. Fixo un dobre grao de matemáticas e física na Universidade de Oviedo cun intercambio en París mediante o Programa Erasmus. É investigadora especializada no procesamento da linguaxe natural na Universidade Politécnica de Madrid.
Colabora en varios proxectos internacionais de investigación sobre NLP (Natural Processing Language, en inglés; Procesamento de Linguaxe Natural, en galego). En 2021 fundou SomosNLP, unha iniciativa voluntaria global formada por persoas hispanohablantes que fomenta o uso do español nos modelos de intelixencia artificial para minimizar os sesgos lingüísticos e culturais.
Traballou en neurocat, unha empresa radicada a crear solucións de intelixencia artificial no sector da automoción con sede en Berlín, desenvolvendo métodos de inteligencia artificial explicable (XAI) e de defensa de ataques de adversarios para avaliar a seguridade dos modelos de aprendizaxe automática. Tamén na empresa ClibrAIn en 2023, desenvolvendo modelos de intelixencia artificial que comprendan o español.
En 2024 creou, xunto cun grupo de investigadores, A Leaderboard; a primeira táboa de clasificación para modelos de linguaxe xenerativos abertos en castelán, catalán, éuscaro e galego.
Grandury participa e impulsa iniciativas que fomentan a incorporación feminina ao ámbito da intelixencia artificial, como Women in AI ou Women in AI and Robotics. Tamén imparte charlas en eventos relacionados coa súa especialidade.
Publicacións
2022 - BERTIN: Efficient Pre-Training of a Spanish Language Model using Perplexity Sampling. Revista núm. 68. Procesamiento da Linguaxe Natural. 2024 - The #Somos600M Project: Generating NLP resources that represent the diversity of the languages from LATAM, the Caribbean, and Spain. Association for Computational Linguistics Conference: LatinX in AI (LXAI) Research Workshop.
Recoñecementos No 2014 gañou unha estancia de 4 semanas en Alemaña como parte dos Alumnos Premio 2014, un programa de intercambio estudantil coordinado polo Servizo de Intercambio Pedagóxico Alemán (PAD) e a Embaixada Alemaña en España. Este recoñecemento valora a competencia na lingua alemá e a excelencia académica dos estudantes seleccionados.
Pola súa colaboración á democratización do Machine Learning de código aberto coa creación de SomosNLP, foi seleccionada como bolseira de Hugging Face, unha pequena comunidade diversa e inclusiva de especialistas que contribúen ao ecosistema de código aberto da aprendizaxe automática.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web oficial de María Grandury Páxina web oficial de SomosNLP Listaxe de publicacións de María Grandury na web Arxiv da Universidade Cornell. Entrevista a María Grandury na Cadea SER. 2024: O ano da Intelixencia Artificial entrevista a María Grandury en Carne Cruda.
Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid
Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Nados en 1997 Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Personalidades sen imaxes