Os volcáns de Kamchatka son un gran grupo de volcáns que se atopan na península de Kamchatka no leste de Rusia. Forman parte do cinto de fogo do Pacífico. O río Kamchatka e o val central circundante están flanqueados por grandes cintos volcánicos que conteñen arredor de 160 volcáns, 29 dos cales seguen activos. A península presenta unha alta densidade de volcáns e fenómenos volcánicos asociados, entre eles, 29 volcáns activos forman parte dos seis sitios da lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO que integran o grupo «Volcáns de Kamchatka», a maioría situados na propia península de Kamchatka.

Xeografía O volcán máis alto é o Klyuchevskaya Sopka (4.750 m), o maior volcán activo do hemisferio norte, mentres que o máis impresionante é o Kronotsky, cuxo cono perfecto foi considerado polos célebres vulcanólogos Robert e Barbara Decker como un dos principais candidatos a ser o volcán máis fermoso do mundo. Algo máis accesibles son os tres volcáns visibles desde Petropavlovsk-Kamchatsky: o Koryaksky, o Avachinsky e o Kozelsky. No centro de Kamchatka atópase o mundialmente famoso Val dos Géiseres de Eurasia, que foi parcialmente destruído por un enorme alude de lama en xuño de 2007.

Patrimonio da Humanidade En 1996, os volcáns de Kamchatka declaráronse Patrimonio da Humanidade pola Unesco, situados na parte asiática de Rusia. Destacar que o nomeamento «Volcáns de Kamchatka» inclúe ademais dos volcáns toda a súa contorna, caracterizado por unha variedade única de especies e paisaxes.

Entón, son seis as localizacións Patrimonio da Humanidade: CódigoNomeCoordenadasSuperficieAno765-001Reserva Estatal Natural da Biosfera Kronotsky1 007 100 ha1996765-002Parque natural de Býstrinski1 325 000 ha1996765-003Parque natural de Nálychevo287 200 ha1996765-004Reserva natural da tundra suroccidental123 000 ha1996765-005Parque natural de Kamchatka meridional486 900 ha1996765-006Parque natural Kluchevskoy376 000 ha2001

Lista de volcáns de norte a sur Volcáns da Cadea Central Lettunup, 1340 m, Voyampolsky, 1225 m, Séverny, 1936 m, Snegovoy, 2169 m, Ostry, 2552 m, Spokoyny (volcán), 2171 m, Iktunup, 2300 m, Snezhny, 2169 m, Atlásova o Nilgumelkin, 1764 m, Véase Vladímir Atlásov. Bely, 2080 m, Alngey, 1853 m, Uka, 1643 m, Yelovsky, 1381 m, Shishel, 2525 m, Mezhdusópochny, 1641 m, Titila, 1559 m, Gorny Institute, 2125 m, Tuzovsky, 1533 m, Leutongey, 1333 m, Sedánkinsky, 1241 m, Fedótych, 965 m, Kebeney, 1527 m, Kizimen, 2376 m,

Grupo de Kluchevskaya Klyuchevskaya Sopka Kliuchevskoi, 4835 m Monte Bezymianny, 2882 m, Zimina, 3081 m,

Grupo de Aváchinskaya Kronotsky, 3528 m Aag Arik Koryaksky Aváchinsky Kozelsky

Outros Ksudach Ilyinsky Kambalny

Volcáns na numismática O Banco de Rusia emitiu en agosto de 2008 unha serie de moedas conmemorativas dos «volcáns de Kamchatka»:

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Rusia

Ligazóns externas Holocene Volcanoes in Kamchatka, Institute of Volcanology and Seismology Kamchatka, Russia

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Rusia Categoría:Volcáns de Rusia