A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .
Toponimia O orónimo provén do latín , e indica un lugar con lama ou lodo.
Xeografía O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo Cotobade.
Na súa extensión tópanse os seguintes montes de máis de 1000 metros: Monte Parroquia Altitude O Coto da Puza Xesta 1035 m A Portela dos Xarotos Xesta 1025 m A Pedra da Letra Xesta 1019 m O Coto dos Pusallos Xesta 1007 m O Foxo do Lobo Xesta 1001 m O Seixo A Barcia do Seixo 1000 m
Outras elevacións importantes son Santa Mariña (993 metros) ou o Cando (968 metros).
Comunicacións A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo Cotobade.
Demografía Segundo o INE no 2015 vivían 2670 persoas no municipio, o que supón unha caída de case o 10% respecto ao 2010, cando tiña 2966 habitantes.
Censo total 2670 (2015) Menores de 15 anos 235 (8,8 %) Entre 15 e 64 anos 1541 (57,72 %) Maiores de 65 anos 894 (33,48 %)
A pirámide de poboación é a propia dun concello rural galego, que reflicte unha poboación avellentada e minguante. En 1995 vivían na Lama 3.517 persoas. Durante a década dos 2000, as campañas municipais para atraer residentes conseguiron manter o censo estable por volta dos 3.000 veciños. Desde 2011 a poboación acusa un forte descenso.
Evolución da poboación do concello dende o ano 2000:
Ano Poboación (hab.) 2000 3047 2002 2882 2004 2905 2006 3022 2008 3014 2010 2966 2011 297620192445
A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con diferenza a máis poboada.
Porcentaxe de poboación que vive en cada parroquia (INE 2010): Parroquia Poboación Porcentaxe A Barcia do Seixo 239 9,77%A Lama59924,50%Antas2138,71 Covelo 220 9,00% Escuadra 169 5,91% Gaxate 156 6,38% Seixido 282 11,53% Verducido 184 7,52% Xende 95 3,88% Xesta 288 11,78%
Historia Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias machadas de bronce. Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.
Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.
Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.
A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.
En 1998 inaugurouse o centro penitenciario da Lama.
Turismo A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos. Patrimonio
Casa de Honorata Casa indiana de Gaxate Casa O Meu Repouso Casa Suárez Cruceiro de ánimas de Bazocas Fervenza A Feixa Fervenza da Fírveda Fervenzas de Abelaído Un foxo do lobo na parroquia de Xesta.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares da Lama Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Lama vexa: Lugares da Lama.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais na Lama
Ligazóns externas Ruta sendeirista homologada: PR-G 135 Roteiro da Escuadra - SEGATUR
Lama