Öldürdüğün Şeyler é un filme canadense de 2025 escrito e dirixido por Alireza Khatami. É unha coprodución internacional entre o Canadá, Turquía, Polonia e Francia, e está protagonizado por Ekin Koç como un profesor universitario que solicita vinganza ao seu xardineiro tras a sospeitosa morte da súa nai. Erkan Kolçak Köstendil, Hazar Ergüçlü e Ercan Kesal compoñen o resto do elenco. Khatami, Elisa Sepulveda Ruddoff, Cyriac Auriol, Mariusz Włodarsk e Michael Solomon son os produtores do filme.

Estreouse internacionalmente na sección World Cinema Dramatic Competition do Festival de Cinema de Sundance o 24 de xaneiro de 2025. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado."‘The Things You Kill’ selected as Canada’s submission to the Oscars". Toronto Star, 26 de agosto de 2025.

Sinopse Ali, un profesor universitario turco, está enfurecido polas sospeitosas circunstancias da morte da súa nai enferma. Durante o seu proceso de loito, Ali revela o seu resentimento polo seu pai, do que está afastado, e fai amizade cun xardineiro chamado Reza, a quen contrata para vingar a morte da súa nai.

Personaxes Ekin Koç como Ali Erkan Kolçak Köstendil como Reza Hazar Ergüçlü como Hazar Ercan Kesal como Hamit

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Turquía Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en Turquía Categoría:Filmes ambientados en Turquía