Idoia Cuesta Alonso, nada en Donostia (Guipúscoa) en 1969 e aveciñada en Galicia, é unha artesá téxtil especializada en cestería contemporánea.

Traxectoria Cursou estudos de Bioloxía na UPV EHU e posteriormente trasladouse a Galicia, onde se formou nas técnicas tradicionais de cestería, textís e outros oficios manuais no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo. Realiza pezas utilizando materiais orgánicos e fibras vexetais, adaptando as prácticas tradicionais a unha linguaxe artística persoal.

Ten unha ampla experiencia como docente, impartindo obradoiros tanto en Galicia coma noutras comunidades e países. Participou en residencias artísticas como a do Espazo Vilaseco (Mouricios, Chantada) e El Buen Vivir, organizada por Mutur Beltz en Karrantza.

No ano 2011 comezou colaboracións coa marca de deseño Loewe e a partir de entón aumentou a súa experiencia profesional con outras grandes marcas de deseño como Adolfo Domínguez, Zara ou La Nena.

Posúe a carta de artesana en téxtil e cestería así como o seu obradoiro rexistrado nas Hortas (Cela, Outeiro de Rei).

Unha parte importante do seu traballo é tamén a participación en feiras e exposicións. Dende o ano 2015 leva intervido en máis de 35 convocatorias diferentes. Participa en asociacións relacionadas co deseño e a artesanía, e desde 2025 preside a Sociedade de Artesanía Contemporánea.

Obra

Guía de las plantas cesteables de Galicia (Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, 2006).

Premios Mención especial do xurado, na categoría Innova, Premios Nacionais de Artesanía, 2011. Premio Nacional de Artesanía na Categoría de Produto, 2014. Premio Madrid Craft Week Artesanía Contemporánea 2021. Premios Artesanía de Galicia, 2021. 3ª Edición Premios Room, Premio Artesanía/Art Design, 2025.

Notas

Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades da artesanía Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Premios Nacionais de Artesanía Categoría:Premios Artesanía de Galicia