Raúl del Pozo Page, coñecido como Raúl del Pozo, nado en Mariana (provincia de Cuenca) o 25 de decembro de 1936 e finado en Madrid o 10 de marzo de 2026, foi un xornalista e escritor español.
Traxectoria Iniciou a súa carreira xornalística en 1960, no Diario de Cuenca, forxándose profesionalmente no diario Pueblo. Nos anos 1970 tamén traballou en Mundo Obrero e nos 80 en Interviú. Foi durante esa década na que recibiu o Premio de Xornalismo Pedro Rodríguez e o Premio Francisco Cerecedo de Xornalismo.
Ademais foi cronista parlamentario e analista de actualidade, tanto en radio como en televisión, por exemplo, nos programas de María Teresa Campos, Día a día (1996-2004) e Cada día (2004-2005), desde 1991 foi columnista do diario El Mundo, onde, en 2007, tomou a testemuña do falecido Francisco Umbral na columna El ruido de la calle. En 1991 opúxose á guerra do Golfo Pérsico, incorporándose ao colectivo Xornalistas pola Paz, que editaba Diario por la Paz, mentres destacaba como novelista e escritor.
En 2020, publicouse a súa biografía, escrita polos xornalistas Jesús Úbeda e Xulio Valdeón, titulada No le des más whisky a la perrita, en formato novelado e con prólogo de Carlos Alsina.
Foi un ateo declarado, ao cualificar á Biblia como un libro de literatura fantástica, ademais de consideralo mala literatura.
Obra Novela Hay gorriones en la tumba de Judas (1961). Imp. Falange. El cielo sobre mis párpados (1965). Imp. Aguirre, Cuenca.
Noche de tahúres (1994). Plaza & Janés Editores. 208 páxs. ISBN 978-8401242106. En 2019, Almuzara. La novia (1995). Plaza & Janés. 176 páxs. ISBN 978-8401385292. Los reyes de la ciudad (1996). Planeta. 256 páxs. ISBN 978-8408022701. No es elegante matar a una mujer descalza (1999). Bibliotex, S.L. 160 páxs. ISBN 978-8481303698. Ciudad levítica (2001). Planeta. 192 páxs. ISBN 978-8408038894. La diosa del pubis azul (2005). Con Espido Freire. Planeta. 205 páxs. ISBN 978-8408059066. El reclamo (2011). Espasa. 240 páxs. ISBN 978-8467036183. Premio Primavera 2011.
Outros Massiel (1972). Biografía Bernabéu (1972). Biografía con Diego Bardón: Un ataúd de terciopelo (1980) Biografía de El Cordobés
Una derecha sin héroes (1998). Artigos. prólogo a Aleksandr Solzhenitsyn: Archipiélago Gulag (2002) A Bambi no le gustan los miércoles (2003). Artigos. Retratos de coñecidos personajxes da aristocracia, a farándula e o espectáculo. Los cautivos de la Moncloa (2005). Artigos. Anécdotas nas que analiza a estadía no poder, a corrupción, o ambiente no palacio. La rana mágica (2006). Artigos. El último pistolero (2017). Artigos. Cuenca: La primera Manhattan (2024). Tintablanca. 240 páxs. ISBN 978-8412828382. Ilustracións de Miki Leal.. Viaxes. Recoñecementos Premio González-Ruano de xornalismo, 2005. Premio Mariano de Cavia 2008, outorgado polo Diario ABC, á súa traxectoria.
Premio ABC Cultural & Ámbito Cultural, 2009, de mans dos seus directores Fernando Rodríguez Lafuente e Ramón Pernas.
Medalla de Ouro de Castela-A Mancha en 2017. Desde 2016 entrégase o Premio Raúl del Pozo de columnismo, cuxa recompensa é unha cea de celebración co xurado no restaurante madrileño Casa Paco. O xurado estivo composto polo propio Raúl del Pozo, Arturo Pérez-Reverte, Antonio Lucas, Manuel Jabois, Carmen Rigalt, Ignacio Camacho, Edu Galán, David Gistau e Concha Barrigós, ao que se engaden anualmente membros convidados como Soledad Gallego-Díaz ou Marta Flich. Os gañadores foron Enric González (2016), Soledad Gallego-Díaz (2017), Pedro García Cuartango (2018), Carlos Alsina (2019) e Esther Palomera (2020).
Vida persoal
Estivo casado con Natalia Ferraccioli, de quen enviuvou en 2018 e a quen lle dedicou unha necrolóxica. Notas
Categoría:Escritores de Castela-A Mancha Categoría:Novelistas de España Categoría:Xornalistas de España
Categoría:Nados na provincia de Cuenca Categoría:Nados en 1936
Categoría:Finados en 2026