José Álvarez Vijande foi un mestre e político galego.
Traxectoria Era un militante de Izquierda Republicana. Tras estar destinado como mestre en Suevos (Arteixo) e Meder (Salvaterra de Miño), en 1933 destinárono a Ponte Sampaio (Pontevedra). Nese mesmo ano foi proposto como candidato para as eleccións xerais de España de 1933. A finais dese mesmo ano formou parte da comisión para a creación dunha Casa do Mestre en Pontevedra. En 1935 foi admitido como mestre na Escola Normal de Ourense.
Posguerra En 1936, foi depurado até 1942, e durante ese tempo, en 1938, foi suspendido de emprego e soldo tres meses e, posteriormente, en 1943, indultado.
En 1954 era xefe local de Falanxe, e en 1956 alcalde do concello de Ponte Sampaio. Estaba no cargo cando desapareceu o municipio ao absorbelo o Concello de Pontevedra en 1960.
Recibiu unha homenaxe pola súa traxectoria en 1974.
Vida persoal
Casou coa tamén mestra Alicia Álvarez Novás, e en 1934 tiveron unha filla.
Recoñecementos Cruz de Cabaleiro (1954).
Notas
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Políticos de Izquierda Republicana