Benito Vicetto Pérez nado en Ferrol o 21 de maio de 1824 e finado na mesma cidade o 28 de maio de 1878, foi un escritor, xornalista e historiador galego.
Prolífero autor literario en lingua castelá, na que cultivou a poesía, a novela, o teatro e o ensaio, escribiu tamén algúns poemas en lingua galega. Destacou como editor e colaborador de xornais de tendencia progresista, desde os que impulsou as ideas rexionalistas. Como historiador publicou unha exitosa Historia de Galicia en sete volumes que, malia a súa discutida fiabilidade histórica, avivou o interese polas propias raiceiras e a conciencia diferencial da sociedade galega do seu tempo.
Traxectoria Primeiros anos esquerda|miniatura|Benito Vicetto de mozo. Cronobiografía1824Nado en Ferrol, na rúa do cárcere (hoxe Benito Vicetto)1826 ca.Morte do seu pai Benito Vicetto San Benetto.1836Ingreso na escola de Gardamariñas e pilotos do arsenal de Ferrol1839 ca.Morte da súa nai Xosefina Pérez. Abandono da escola e ingreso no exército.1841Acantonamento no Mosteiro de Sobrado. 1843Traslado a Madrid, ao Real Cuerpo de Alabarderos1844Publica El caballero verde, a súa primeira novela.1845Actúa na representación da súa obra El arquero y el rey en Ferrol1850Abandona o exército. Oficial de prisións en Sevilla1851Publica Los hidalgos de Monforte.1852Traslado como oficial ao cárcere da Coruña1854Dirixe El Clamor de Galicia1856Coñece persoalmente a Manuel Murguía.1857Dirixe o Diario de La Coruña1861Xogos Florais da Coruña.Primeiros cadernos da Historia de Galicia.1865Primeiro volume da Historia de Galicia1867Censura e retirada da Historia de Galicia 1868Superintendente da Fábrica de moeda de Xuvia1873Sétimo e último volume da Historia de Galicia1874Publicación da Revista Galaica.1875Casamento con Antonia Rodríguez.1876Nacemento da súa filla Antonia.Derradeira novela: El cazador de fantasmas.1878Morre en Ferrol. Benito Vicetto naceu na rúa do Cárcere (hoxe rúa Benito Vicetto) no Ferrol Vello. Fillo do mariño xenovés Benito Vicetto San Benetto, armador e capitán dun bergantín contrabandista,Manuel Murguía (1886), p. 240. e da moza ferrolá Josefina Pérez Agudo.
Figura na documentación eclesiástica como o cuarto fillo dun total de cinco irmáns: Juana, Angel, Micaela, Benito e Victoriana.López de Serantes (1978), pp. 188-189 (Libro 12, Fol. 247 do rexistro eclesiástico). Porén, no testamento do seu pai, datado en xaneiro de 1826, só aparece un varón entre os cinco fillos do matrimonio: Jose Antonio, de dezaoito meses. Esta idade axústase á que se lle supón a Vicetto, polo que tal nome podería referirse a el. O resto das fillas no documento son Juana (11 anos), Micaela (7 anos), Petra (5 anos) e Josefa (3 anos). Coñécense tamén pola acta testamentaria dous casamentos previos do pai de Vicetto dos que existían outros dous fillos, así como relevantes datos da súa fortuna e carreira como mariño.
Morto o seu pai, Vicetto pasou, segundo o seu biógrafo Manuel Murguía, unha triste infancia baixo o coidado dunha nai "brusca e áspera" cos seus fillos, confortado só polo agarimo da súa irmá máis vella Juana, á que estaba moi unido.Manuel Murguía (1886). pp. 240-241.Fort y Roldán (1903). p. 5. Con doce anos de idade ingresou no Colexio de Garda Mariñas e Pilotos do arsenal de Ferrol,Fort y Roldán (1903). p. 6. onde estudou só uns poucos cursos debido a un novo deceso familiar, esta vez a súa nai Josefina. Após este novo infortunio, o orfo Vicetto pasou a residir con Juana, dez anos máis vella, mentres as irmáns máis novas foron acollidas nos domicilios de parentes próximos.López de Serantes (1978). p. 16. Forzado polo precario da situación económica, e despois de encadear unha serie de pequenos empregos, o mozo Benito Vicetto decidiu alistarse no exército durante a primeira guerra carlista.López de Serantes (1978). p. 19.
Escritor e militar esquerda|miniatura|Mosteiro de Sobrado dos Monxes. Amparado na milicia por un cuñado, comandante da unidade na que servía, Vicetto combateu as partidas carlistas no rural galego. Coa súa compañía acantonada no mosteiro de Sobrado dos Monxes, acudiu en certa ocasión a visitalo Juana. Durante a visita foi testemuña dunha desagradábel escena na que Vicetto se viu obrigado a dirixir o pelotón de fusilamento dun mozo prisioneiro. Este suceso marcou a relación entre os irmáns e foi lembrado polo propio autor nun relato posterior.Fort y Roldán (1903). pp. 6-7. Tamén Manuel Murguía investigou este incidente deixando sobre el precisos detalles na súa obra Los Precursores.Murguía, Manuel (1886). pp. 246-248. A estancia no mosteiro de Sobrado e a colaboración dun monxe, identificado polo autor nos seus escritos como frei González, deulle acceso ao novelista ao arquivo e á biblioteca do cenobio. Os datos obtidos na estadía fóronlle de utilidade en ulteriores novelas, en especial en Los hidalgos de Monforte.López de Serantes (1978). p. 37.
Rematada a guerra, Vicetto ingresou no Real Cuerpo de Alabarderos e trasladouse a Madrid.Llorca Freire (1996). p. 236. Nesta cidade publicou no 1844 a súa primeira novela: El caballero verde, obra que vén asinada polo autor en Sobrado dos Monxes, en 1841, cando só contaba dezasete anos de idade. O texto, que nunha posterior edición (1863) mudou o seu título por El caballero de Calatrava, abriulle a porta dos primeiros xornais ilustrados madrileños: Semanario Pintoresco Español e Museo de las Familias. No primeiro deles publicou a lenda romántica La loca de Roupar e no segundo dúas pequenas novelas: Un crimen y una venganza e La roca sangrienta. Tamén xurdiron por estas datas os primeiros xornais en Ferrol, Vicetto colaborou en El Águila e en El Ferrolano publicando relatos, ensaios e artigos que foron recollidos conxuntamente nunha obra titulada Horas de Insomnio.Fort y Roldán (1903). p. 8. miniatura|Solís, líder da revolución de 1846.
En 1845 solicitou licenza no exército para regresar a Ferrol. Na cidade departamental rematou El arquero y el rey, peza teatral que ofreceu inmediatamente a unha compañía dramática coa condición de ser o actor protagonista nas primeiras representacións. A obra estreouse en setembro do 1845 no teatro de Ferrol obtendo un grande éxito. O propio Vicetto foi galardoado polo público cunha coroa de prata entregada despois dunha das funcións.López de Serantes (1978). p. 50.
A finais de ano Vicetto reincorporouse ao seu cuartel en Madrid, lugar desde o que viviu o fracaso da revolución de 1846 e o fusilamento dos insurrectos. Durante toda a súa traxectoria expresou sempre a súa admiración por aqueles "irmandiños", máis valentes que os celtas do monte Medulio.Renales Cortés (1989). pp. 334, 339.
En Madrid continuou coas súas colaboracións coa prensa progresista. Son desta época os relatos: Macías el enamorado, La infanzona de Mesía e La corona de fuego, e o inicio dos seus estudos históricos con senllos artigos: La torre de Hercules e La ciudad de Tuy publicados no Semanario Pintoresco Español. No 1848 imprimiu a súa peza teatral: El arquero y el reyEl arquero y el rey : drama original, en tres actos y en verso, precedido de un prólogo en Internet Archive. e continuou a publicar as súas Crónicas de Galicia en diversos xornais.Fort y Roldán (1903). p. 10.
En 1850 rematou o seu tempo de servizo no exército. Foi nomeado cabaleiro da orde de Carlos III e comezou a traballar como oficial de prisións no cárcere de Sevilla, seguindo os pasos do cuñado co que servira na guerra. Na capital andaluza publicou só textos de temática galega e os seus mellores traballos narrativos: Los hidalgos de Monforte, e Cristina (chamada noutra versión: Páginas de un diario) que acadou as seis edicións. Albiscábase a saudade por Galicia nos seus artigos nos xornais sevillanos La aurora, El eco de la juventud e El telégrafo, onde apareceron por entregas as súas crónicas (publicadas agora baixo o nome de crónicas españolas).Fort y Roldán (1903). p. 11. Tanto é así que o seu amigo, o enxeñeiro Ramón Rúa Figueroa, lle dedicou un soneto titulado: "Nostalgia", no que aconsellaba a Vicetto o regreso a Galicia, á "patria encantadora".López de Serantes (1978). pp. 98-100. Así o fixo o autor. No ano 1852 trasladouse, co cargo de maior de presidio, ao cárcere da cidade da Coruña.
Vicetto na Coruña miniatura|Juana de Vega.|esquerda O popular escritor foi moi ben acollido pola sociedade coruñesa, frecuentando neses anos os círculos da burguesía liberal da cidade e a casa de Juana de Vega.López de Serantes (1978). pp. 101-102. O mesmo lugar no que, oito anos atrás, se xestara o fracasado pronunciamento militar de Miguel Solís e os mártires de Carral. Nesta etapa coruñesa publicou un relato en verso titulado El asedio de Ferrol en 1800, e as novelas El diario de un calavera e Rojin Rojal o el paje de los cabellos de oro, esta última adicada a Juana de Vega. Comezou tamén nestes anos, ao abeiro da progresista revolución de 1854, a edición de El clamor de Galicia, periódico iniciático do rexionalismo galego, continuador do provincialista El porvenir de Antolín Faraldo.Manuel Murguía (1886). p. 235. Murguía narrou posteriormente como o fracaso do alzamento do 1846 acalou por un tempo a reivindicación da nacionalidade galega, até a chegada da xeración liderada por Vicetto, quen "reanimou o corazón de todos" coa publicación do citado xornal e co seu libro Los hidalgos de Monforte. Esta novela histórica popularizou dous dos mitos dos galeguismo moderno, a figura de Pardo de Cela e a dos irmandiños. Na obra, imaxínase o mariscal como líder da irmandade e xuntos, baixo o lema "Deus fratesque Gallaeciae (Deus e os irmáns de Galicia)", enfróntase ao conde de Lemos, fiel á raíña de Castela.
A novela imprimiu a comezos de 1856 unha segunda edición. Na crítica da época abundaron as loanzas ao texto.López de Serantes (1978). p. 114. Unha delas, a do mozo Manuel Murguía desde Madrid, tivo especial relevancia para Vicetto e motivou o inicio dunha efusiva relación epistolar. Nas súas cartas Vicetto ofreceu a Murguía un traballo no seu xornal El Clamor: "Ven, ven como sexa, empregado de calquera modo. Galicia necesítate". Nelas exprésase tan exaltadamente que semella ser o mesmo Pardo de Cela quen escribe: "Hai unha misión para os dous que hai que cumprir, aínda que sexa unha misión de martirio".Renales Cortés (1989). p. 341. Porén, a primeira entrevista entre ambos os homes foi descrita moi negativamente por Murguía na súa obra Los precursores. Narra este a decepción de Vicetto ao coñecelo e non colmar as expectativas creadas na súa imaxinación. Describe tamén a súa propia aversión polo avasalamento e superioridade que percibiu na actitude do ferrolán.Manuel Murguía (1886). pp. 236-237. A animosidade e a rivalidade marcou desde aquela xuntanza a relación entre ambos. Coa excepción de Los Hidalgos de Monforte, Murguía criticou causticamente desde entón toda a obra de Vicetto.López de Serantes (1978). pp. 117-120.
A finais de 1856 Vicetto foi ascendido e destinado como comandante ao presidio de Alcalá de Henares onde, illado socialmente, continuou publicando as súas Crónicas de Galicia. En 1857 saíron do prelo dúas novelas, Magdalena, inspirada no seu frustrado amor cunha muller sevillana, e El último Roade.Fort y Roldán (1903). pp. 28-29.
Xogos florais miniatura|Discurso de Benito Vicetto no Ateneo da Coruña (1859).