A Comunión Tradicionalista foi unha organización política do movemento carlista, que se creou no 1869.Tuñón de Lara (1985), p. 461.Galera Sánchez (1983), p. 188. Tamén recibiu outros nomes, como o Partido Tradicionalista, a Comunión Católico-Monárquica (esta foi a denominación máis común durante o Sexenio Revolucionario), Partido Carlista (até 1909), Partido Jaimista (entre 1909 e 1931) ou a Comunión Legitimista —entre outros—, que caeron en desuso na década de 1930. A partir de entón, ás veces tamén se coñeceu como Comunión Tradicionalista Carlista, nome dado por Alfonso Carlos de Borbón e Austria-Este.García Escudero (1975), p. 1387

Dende o século XIX, a Comunión Tradicionalista defendeu o que consideraba a tradición política de España, resumida no seu lema: "Deus, Patria, Rei".Barreiro Gordillo (2003), p. 346 Obtivo representación parlamentaria en case todas as eleccións de finais do século XIX e principios do XX e foi unha das forzas que lideraron o golpe de estado en España en xullo de 1936. Posteriormente, en 1937, ordenado por Franco, sería disolta por mor do Decreto de unificación, dando lugar á Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Porén, unha parte deles operaron de xeito semiclandestino durante o réxime de Franco, con períodos de oposición e colaboración co goberno.

Na década de 1970, a ideoloxía do carlismo tradicional que apoiaba o príncipe Sisto Henrique de Borbón, reconstituiuse baixo o nome de "Comunión Tradicionalista", e legalizouse como partido político en 1977,Izu Belloso (2007), p. 342 aínda que outros grupos políticos tamén se declararon herdeiros da organización histórica do carlismo e empregaron nomes semellantes.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Decreto de Unificación

Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Historia de España do século XX Categoría:Historia de España do século XXI Categoría:Carlismo Categoría:Franquismo